miércoles, 14 de diciembre de 2011

Indefensa

Irrompes bruscamente ,
Desestabilizando emocións aletargadas…
Os pensamentos desestructúranse,
A razón… perde a batalla.
Cae a coraza da alma,
O corazón indefenso,
Víctima de novo
Da abrasadora espada.

Baixo a brétema fundida
Estendo as ás ao Averno,
Bebo de novo o sangue do pacto
Que me fará voltar ao inferno.

A atracción ao lume
Do desexo que queimo,
Embriágome da vida ficticia,
Derramada neste frío inverno.

Regos de azucre moreno
Voltan a edulcorar
Veas quebradizas,
Amargadas de tanto esperar.


Soños metamórficos,
Incoherentes de máis.
Acougo cando te vexo…
Véxote acougar…
Fotografía e edición: Emilio Romanos





sábado, 10 de diciembre de 2011

A Sachadora.

Minten! os versos que din
Que a soedade é unha pendente estrepitosa
Que percorren a alma afogada
Sin fe, sin esperanza desvalida.

Minten! Cando din que o corazón
Canso, retírase
De marcar horas perpetuas
De penitencia extrema.

Minten! As letras que maldin
O amor e as suas lerias,
Por que treman ao pensarte
E adoecen por estar a tua beira.

E co tempo
Empezas a entender…
Que os bicos non son contratos
Que os agasallos non son promesas
E a distancia non é obstáculo.

Aceptas a derrota
Coa cabeza máis alta
Os ollos máis abertos
Que o amor non é comodo
Non é sexo, nin seguridade.

Laberintos de literatura
Para chegar ao cumio do espíritu.
Berros rasgadores
Que non chegan aos tímpanos sordos.
Alquimistas, poetas, artistas…despistados.

Prudencia condenada
Non deixa sair o que dicta a alma.
Pastores, rabaños
Coléricos, críticos non refinados.

Víctima inocente
Da violencia do amor
Atravesada pola daga

da sachadora.

Foto: Rochi Nóvoa.

jueves, 8 de diciembre de 2011

Unha daga máis.

No percorrer deste tempo,
Nun serán coma este,
Invoquei a túa dor, e...
Sentín a túa voz de preto.

Os teus ollos caeron,
Asemellaba que escoitaras chegar a morte.
Eu, que abrira a túa ferida,
Tamén mordín nela
E sentíchelo,
Sentíchelo de cerca.

Exprimín máis,
Traidora.
Esquirola.
Exprimín docemente
O teu corazón, pequeno mortal.

Coa daga dourada e exquisita
De outro mal, cicais
probaches o pranto
ti, sinxelo animal.

E a miña boca
De sede humán pura,
Maldita,
Insaciabel,
De ti bebía.


Fotografía : Rochi Copenhaguen 2010

miércoles, 7 de diciembre de 2011

Tension

Oprimido o peito, non podo respirar...
Onde outros agardan hachala luz
Eu atopo a escuridade infinita.

Noutrora a musa reflectia
Noutrora cegaba,
Agora máis volátil
Cal espora...

Na escuridade da noite,
O gris da lua reloce
Pechando os ollos humedecidos.
Comenza a caida...

A agonía, entumece os osos
As bágoas percorren o corpo
A dor calceta ao corazón xélido.

Nas sombras da noite
O medo achégase
Confunde as formas
Cos desexos.

O silbido calado,
O marmurio intenso,
A ansiedade de quen espera...
Oprime tanto o peito ! .

Espiñas que se craban na espalda
Erguendo os cabelos
Fan tremer...e non deixan
indiferente ao tempo...

Caio, caio...

Fotografía: Emilio Romanos

martes, 6 de diciembre de 2011

A Fada

Premer na imaxe para ver a tamaño completo
Fotografia e edición: Emilio Romanos
Idea orixinal: Rochi Nóvoa

lunes, 5 de diciembre de 2011

Silenzo, ninguén fala.

Escribo, para roubarlle tempo a soedade
para atopar un sorriso furtivo,
Entretéñome.

Calo, si que estrano ,
Calo por medo a indiferncia.

Tento borrar o teu recordo
O teu olor
Ese cheiro a frescura rancia
Maquelada en teorias astrales.

Tristura tatuada nos ollos
Que sorrin
Para o disimulo do que observa.

Engulo recordos
Bebo morriña
Escupo sangue.

Fotografía: Emilio Romanos

domingo, 4 de diciembre de 2011

Os bicos que saben a culpa

Fotografía: Rochi Nóvoa
" Mellor é a esperanza; pois produce paciencia, arma forte contra a decepción acelerada".

Os bicos ás veces saben a culpa.
Collo as ás do tempo
Para marcar un rumbo
Que non sei onde vai.

Con discilina
Indiferencia e impertinencia
Aborrezo o meu orgullo
Que me ergue
para logo facerme esnafrar.

Silenzos dunha noite
Berros afogados na alma
Noutrora éxtase total.

Desafortunadas palabras
En busca dunha estrela.

Mitigo a ferida
Da boca insensata
Que quixo aplacar o medo
Escupindo sandeces de máis.

Soños incesantes
Ás veces pesadelos
Vivirán na lembranza
E  a ilusión rirá.


Váste

Ainda sinto as tuas mans
Queimando a miña pel…

Meu corpo, espido
Á noite e a ti.

Tomaches del
 o que ti quixeches
Non houbo impedementos.

Cravaches as fouce en min
Comiches
A miña devilidade
supcionaches
o meu sangue
Arañaches
A miña alma
E agora ti queres marchar.

Atopamonos na rua
E somos dous estranos
mira
Eiqui está o meu corazón,
Xa non podes paralo
Habelo pensado
Cando me falaches de votar a voar
Agora non te escondas
Non prendas o cigarro
E a min a quen estas a queimar.

Non me torzas a mirada
Non fagas que non me queres mirar
Miraches me demáis
E agora quereste marchar.

Eu ainda sinto
Sinto os teus ollos
O teu sorriso e esa cara de sorpresa
Non podes escapar
Deixarme asi baleira
Escorega-los sentimentos e
Aumentalos medos
Non ves que as pantasmas
do pasado volataran?.

Deixasme
Perdida nas tebras
Das que ti me quixeras sacar.

Tes que loitar !
Arrinca eses medos
Pon a coraza do cabaleiro
Que tantas veces me fixo vibrar.

Colle a tua espada
Rompe o silenzo
Atravesemos o universo
O mundo estanos a esperar.

Garda ese látigo,
A min non me pertence.
Foron doutros tempos
Nos que ti viviches mal,
Non mos fagas pagar.

Penseite… diferente
 Loitador , arrogante
Seguro , valente
 un cabeleiro de verdade
Asi que agora non podes marchar.

 Lembra aqueles tempos
No que a ledicia
Non era unha estrela fugaz.
Lembra aquelas luas cheas
Polas tantas mensaxes viches brilar.

E agora queres escapar
Marcarchesme cos recordos
Tatuaches a miña pel
De sentimentos
Non o deixes pasar
Non me ignores
Son de carne
Non esa rocha da escoitasches falar.

E agora quereste marchar
Tirasme a un lado
Son menos que o lixo
Que nas ruas recollen
Nas noites que me viron chorar.
Estigma? Sinal?.

Eu, que entendin
A tua mentira e a tua verdade
Para que non te foras xamais.
E agora ti queres marchar
e… fuchetes xa.

Andrómedas,
Andromedas diversas
Dun tempo
Irreal
Do que ti non quixeches ser
Por un dixeronme
Ou por un que será.

Fotografia: Emilio Romanos

Enbaina pois a tu espada
Aqui non a vas a precisar máis.

Días de luto


Son os dias de luto
 se non estás…
Estendes as ás
Ao escuro vento de noite
Para voar libre
E eu, egoistamente quérote
Quérote engaiolar.
Sen medo divagas e disipaste
Polas fragas de palabras máxicas.

Fotografía e edición: Emilio Romanos
 Escribes na miña pel,
Desexo entón mutilarche as ás
Rasgarche a pel
Beber do teu sangue
E arrincache os ollos
Para que non miren a niguén.
E escorregar asi
As miñas bagoas negras
Que amargamente  me lixan a cara
                                        Cando te penso e non estás.

Reiterando

Sangran
As letras que escribes
ao anxo negro
 que nas noites persigues.

Estremecen
 as pedras  xélidas
das montañas que pisou
Nun tempo que non te tivo.

Queiman
As miradas
que crava,
ainda na distancia.

Doen
As palabras
Da incomprensión resignada
Que dicta a sua alma.

Sangran,
Estremecen,
Queiman,
Doen

Fotografia: Emilio Romanos