jueves, 8 de diciembre de 2011

Unha daga máis.

No percorrer deste tempo,
Nun serán coma este,
Invoquei a túa dor, e...
Sentín a túa voz de preto.

Os teus ollos caeron,
Asemellaba que escoitaras chegar a morte.
Eu, que abrira a túa ferida,
Tamén mordín nela
E sentíchelo,
Sentíchelo de cerca.

Exprimín máis,
Traidora.
Esquirola.
Exprimín docemente
O teu corazón, pequeno mortal.

Coa daga dourada e exquisita
De outro mal, cicais
probaches o pranto
ti, sinxelo animal.

E a miña boca
De sede humán pura,
Maldita,
Insaciabel,
De ti bebía.


Fotografía : Rochi Copenhaguen 2010

No hay comentarios:

Publicar un comentario