A melancolía…
A melancolía… Non
sabe de crises
Instálase , e xa non
se vai.
Aparece a dor
Que non atopa acougo
Nin nos prantos, nin nas bágoas.
Parece ás veces
Que a lúa quere bicarte
Envolvéndome en
harmonías equidistantes
E aparecen as formigas bulindo por min.
Teño para escribir un libro:
A pluma dun corvo,
O tinteiro da ausencia,
A folla pálida e virxinal,
O silencio.
O reloxo parado,
Un saco de bicos por abrir,
Versos que non nacen,
Bolboretas cegas.
Papoulas disecadas,
Lembranzas entreabertas,
Un álbum nocturno
E unha caixa baleira.
Morriña, tristura…
A melancolía non sabe de crises
Non.
Foto: Autoretrato Rochi Nóvoa. |