Sobradelo: a miña terra, a miña raigame

Perto da outrora Lagoa de Antela, hoxe desecada para uso agrícola, atopamos o pequeno pobo de Sobradelo, pertencente o Concello de Xunqueira de Ambía.

Próximo ós concellos limítrofes de Allariz, Vilar de Barrio,
Baños de Molgas, Xinzo de Limia e Maceda.
Vista aerea do Pobo

Pobo principalmente agrícola, xa que os pequenos negocios que houbo no pasado foron cerrando pouco a pouco debido o seu paulatino despoboamento. Como pasou en tantos e tantos pobos da comarca, os seus veciños emigraron principalmente a Euskadi, Suiza, Barcelona, Ourense... Chegou a contar con varias panaderías, 3 bares, carnicería, carpintería... No ano 2007 contaba con 153 habitantes (76 homes e 77 mulleres) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 47 habitantes en relación ao ano 2000.

Pobo de pedra granítica gris escura, de rúas estreitas en pequena pendente. Salpicado de fermosos Canastros (así chaman ós Horreos nestas terras) de pedra e madeira en diversos estados de conservación. Chama a atención a pecularidade dos traballos da madeira que teñen nas portas. Por desgraza algún deles foron recentemente derrubados polo perigo que ofrecía o seu estado semi-ruinoso.

Canastros de Sobradelo
Fotografia: Emilio Romanos


Os días 07 e 08 de Setembro se celebra a Festa da Virxe da Soenga, na que todo o pobo participa dunha animada procesión, e varios días de baile.

Procesion Virxe da Soenga
Fotografia: Emilio Romanos

Tamen cabe destacar que por aquí pasa o Camiño de Santiago, na sua vertente Ruta de a Prata, e cruza a Vía Romana XVIII do itinerario de Antonino.

Sobradelo
Fotografia: Emilio Romanos

Canastros de Sobradelo
Fotografia: Emilio Romanos


Paisaxe de Sobradelo
Fotografia: Emilio Romanos