jueves, 20 de noviembre de 2014

Na nube


Poderoso  o valor
como vento escalando
 os recunchos esquecidos
da noite que nos coñecemos.

Na nube irreal
na que acostumo viaxar
subir – baixar
 rir – chorar.

Na fronteira a cruzar
mente, materia
agarro forte coa man
a maleta da conciencia.

Letra – papel
esnafrar - erguer
e non me canso de soñar
e non me canso de intentar
e non me canso de morrer
e non me canso de nacer
e como manca estar viva.
 
Foto: Orenxebre fotografía
.

miércoles, 5 de noviembre de 2014

Na función





Ábrese o telón, primeiro acto
non son quen de traducir
a pálida luz dos vagalumes.

Témolle á Nada e a consciencia
sen que deixe rexistros da túa presenza.

Mergúllome nas cores
para darlle forma a existencia
do frenético tic- tac que me altera.

Sonetos polimétricos
dos interiores e dos intentos
sinónimos, antónimos, homónimos
que nada din da miña intriga.

Acto segundo de círculos viciados
E penso no Licántropo, no artista
no feitizo masoquista do lóstrego embriagado.

Quen é o actor que sucumbe ás ordes do director?
Tramoia enferruxada , iluminación apagada
 e o apuntador, onde vai o apuntador?

Non sigo o guión, improviso
o vestiario gris na pel de mandarina
ollos amárelos.
Moita merda! Péchase o telón.
Foto: Da rede