martes, 29 de mayo de 2012

Incertidume


Sitúote, descontextualizándote…

Na miña abstracción,

Descifarte… non atino.



Coma a comunión que ofrece

O vértice do acantilado

Sin vacilar,

Deixome levar.



Ollos, vida, mirada gris…

Protéxeme da luz do día.

Abismo inmenso

Fio inútil, de esperanza.



Vacío incerto, firmado polo medo

Lees os meus pensamentos,

Podería estar máis soa?



Tu ,protagonista de esta utopía

Que estás na miña mente.

Invitado vuluptuoso

Das casa das miñas entrañas.



Pecha a porta….

E... non te vaias ! .


lunes, 21 de mayo de 2012

Palabras para as amizades que proceso



Si eu sei quen eres tu, e tu sabes quen son eu, quen vai a saber quen son eu cando tu non estés.” Anónimo.

                                                             Cando durmo sen ti,
Contigo soño,
Se estás preto , ainda que non o amose
Disfrútote,

Cando non estás…non é que non valore
O tempo compartido,
É que sinxelamente, quero máis.

Sei que non podo darche solucións a todos os problemas
Nen sequera teño respotas as dúbidas ou medos xerados,
Eu son gran productora destes, non son o mellor exemplo a seguir.
Pero… podo escoitarte e estar preto.

Ogallá puidera  evitar  que te manques
 E darche a miña man sempre,
 Para que non esbares.
Non dubidaria cambiarche o pasado

Que se fai presente
No onte e nese mañan.

Non podo impedir, ainda que doia
Que te alonxes de min,
Pero si podo esperar a que volvas.

Non son eu quen

 de dictaminar
Que debes facer,
Ou con quen debes de andar
De cómo soportas cargas sociais.
Pola contra, podo darche espazo e tempo.




Non che direi quen eres, nin quen deberías ser

So podo quererte como eres.

Ainda que as veces as miñas palabras parezan críticas
Ou dagas traicioneiras que te arrincan…
Con  lilas adornaría
Todo o tue ser.

Semello solitaria,
Expreso controversia na extroversión

Das que ás veces presumo,
Pero teño que confesar que…
Son unha persoa feliz
No tedio rutinario
Do meu mundo aillado.



Por que cando quero caer
Pensó no brilo dos teus ollos
Esa sorrisa tímida que asoma
Cando estás agusto.

Póde parecerche que non eres o número un,
Tampocuo eu pretendo ser a primeira,
Por veces, estás no final da lista,
Dependendo das miñas lerias.





Cando dumo sen ti,
Contigo soño,
Como todo o que importa na vida….
Do que máis nos gusta,
Estamos lonxe todos.



Foto: Rochi Nóvoa Vázquez

miércoles, 16 de mayo de 2012

Arroutada, Xunqueira de Ambía


Moitas grazas pola man...heheh xa virei polo brazo .


A Dama da escuridade,
 xa non está triste.
As báogoas que a percorren
Son pérolas de agradecemento e de ledicia.

Sentiu as ñañalas  aquel serán
De nervios estridentes.
 Os bicos e apertas,
Non eran os do vento,
Eran os teus!.



Versículos breves
docemente entonados,
Por unha voz arroutada
 que pretendian facerse un oco.


A sua  incongruencia, ó seu xeito,
 esa falta dun  sentido,
nun  concerto de tronos entre luces e sombras...


Foi esa noite, cando aconteceu,
 Cando se escribiu a canción,
un romance sin amor, unha odisea tardía,
con pedras  e unha conciente pantasía...

Asi que...xa so queda dar as grazas a quen me quixo no seu corazón,
Aos que axudaron a rompelos muros de formigón
Da cárcere estática.
A todos vós ...GRAZAS!


 


miércoles, 9 de mayo de 2012

Festa da Arroutada, Xunqueira de Ambía, Ourense



Dende o máis sinceiro agarimo, coa única pretensión de pasalo ben entre veciños, sen distinción de cores , simbloxía e moito menos política.

Coas ansias de que siga adiante e de darlle algo de vida e sona, ao concello envellecido, e con toda a ilusión e boa fé.

Grazas polo convite amigos, sempre agradecida ;)

http://www.berenguela.com/la-festa-da-arroutada-repite-noche-de-rock-en-xunqueira-de-ambia-ourense/2012-05-09

http://crazyponys.blogspot.com.es/2012/04/2-festa-da-arroutada.html

http://www.paxinasgalegas.es/fiestas/ii-festa-da-arroutada-xunqueira-de-amb%C3%ADa-6801.html

martes, 1 de mayo de 2012

Impermeable




  (“ son un covarde, non soporto  o sufrimento de ser feliz”. Keats )



( If you  hold me tied tonight

We will be holding on forever…. Bonny Tyler)



Nen as palabras  para Iulia de Caneiro

penetran

Nas peles impermeabels.

Cando non se ve claro,

Por que cicais non haxa nada que ver.



Nen os versos de Neruda

Fan sentir

Cando non se sente

por ser so unha gárgola de mármore

petrificada no tempo inerte.



Nen a declaración de Milanés

En  “ Yolanda “,

Por que,  quen  ama

Non ten que xustificar nada,

 nen sequera con bágoas.



Unha vez máis

O auto concepto

Confunde ao ego

Xerado dun prexuizo

Gratuito  e barato.



Xustificando  o inxustificabel

Profeta narcisista

Tirarei co pouco que me queda

Cansa xa da recompensa que choro

E non apremia.
Foto: Rochi Nóvoa