jueves, 29 de agosto de 2013

Como se fose...por vez primeira.



Quérote como se quere por vez primeira
Por que antes … Non te coñecía
Non sabía de ti.

A ti chego libre
Sen ataduras
Convencida de esperarte detrás de cada caterva
Namentres ti , recibes as mensaxes emitidas polas precipitacións.

Quérote máis
Por que noutrora coñecín o fracaso
O tedio e os arrebatos propios incontrolados,
Por iso lle fago trampas a morte
Xa que non teño ganas de marchar.

Quérote por vez primeira
Como cando adolescente brillan os ollos
Pero coa madurez do paso dos anos,
Por iso te agardo nas distancias do camiño.

Quérote
Por ser ti quen enche
A miña tolemia desmedida
Aceptándoa e aliviando así a agonía
Ao tempo que soñamos espertos
Cun crepúsculo lunar
Namentres agochamos na almofada
“ OS QUE DIRÁN “.

P.D. Para vós e  Xosé Rivada en relación coa conversa de hoxe.


martes, 13 de agosto de 2013



Sangrei …para tatuarte
Para arrincarte da miña cabeza
Como veleno suicida
e deixar de escoitarte en cada nota melódica
en cada balada, en cada canción.

Discorro  un veo, ás veces de licor
Para que non se borren da miña memoria
Os bicos apenas insinuados
Sempre maxinados.



Agonía, martirio…tristeza
Amor que condena…
Queima  o meu corpo queimaaaa!
Non preciso máis leña.