lunes, 21 de octubre de 2013

A muller e o niño


Segura de ser eu mesma
metade toupeira que se agocha na terra
para protexerme  do mundo.

Sabedora de non recoñecerme a miúdo
nos espellos cos xestos asépticos
de boca escarlata
no bater dun muro contra outro.

Esixente na procura
coma paxaro fuxitivo
que non aniña
por non atopar árbore segura,
sen decatarse de que a débil son eu
non as polas onde quero repousar.

Tento deixar de camiñar sen rumbo
Contra reloxo
Para non exporme
As trivialidades cotiás.

Para deixar de ser toupeira
recoñecerme nos espellos
e poder aniñar.

Foto: Da rede.

Trata de no degradar tu vida
en un caminar sin rumbo
yendo i viniendo, exponiéndote a menudo
a las trivialidades cotidianas
a tus conocidos y sus reuniones, - See more at: http://www.tusuperacionpersonal.com/poemas-de-superacion-personal.html#sthash.vqqhfosV.dpuf
Trata de no degradar tu vida
en un caminar sin rumbo
yendo i viniendo, exponiéndote a menudo
a las trivialidades cotidianas
a tus conocidos y sus reuniones, - See more at: http://www.tusuperacionpersonal.com/poemas-de-superacion-personal.html#sthash.vqqhfosV.dpuf
Trata de no degradar tu vida
en un caminar sin rumbo
yendo i viniendo, exponiéndote a menudo
a las trivialidades cotidianas
a tus conocidos y sus reuniones, - See more at: http://www.tusuperacionpersonal.com/poemas-de-superacion-personal.html#sthash.vqqhfosV.dpuf

lunes, 14 de octubre de 2013


Onde o tempo parece deterse e ter senso sempre, aínda que non vaia así o Lembrarei. Para tí, o meu primiero haiku. Bidaia ona izan , faltan botako zaitut ene laguna.


martes, 8 de octubre de 2013

O día en que puiden ver aos Bosquimanos de Xío



Rabuñei
para descubrir as entrañas da terra
as arterias que moven a vida baixo os  pés
que aínda non descalzos senten  o latexar
e as cóxegas da herba.

Xoguei 
coa auga do regueiro case esquecido
sen posibilidades de que chegue ao mar
sen pensar que que o charco reflectiría
o espello do ceo nubrado.

Vin
erguer con forza as cinzas do chan
en forma de turbillón
para elevarme ás polas do carballo
na follaxe xa do outono.

Cando vin os Bosquimanos
andaban algo desilusionados
e armados e mo i preocupados,
din que a xente deixou de velos
e que se confunden estre as árbores.

Como di Xío:
-As árbores non deixan ver os Bosquimanos,
se cadra por iso
queimamos os nosos montes.

(Micro relato poético para Xío,
mentres miraba o cadro do pintor a Versos)

E ti , podes ver os Bosquimanos?
Foto: Rochi Nóvoa