viernes, 29 de marzo de 2013

E veñen os versos



 A desilusión non é máis que unha  bofetada que che da á vida, para que volvas á realidade e aprendas desta experiencia a través do mellor remedio, que é o tempo.
Carlos Domínguez



Mel de partículas
De soidades, amores e dores
Menta , menta xeada
ás circunstancias e ó tempo.

Bagoas que queiman
E veñen os versos….

Negando e afirmando
Os dualismos e espectros
Cansa de ver os lirios desfollados
 Nos rostros perfilados do  desamor.

Bagoas que queiman
E veñen os versos….
Versos, versos sen efectos
Versos, versos sen afectos.


Foto: Rochi Nóvoa



lunes, 18 de marzo de 2013

Á Sorte




E quedei… coa realidade.

O leito baleiro
Buscando a túa presencia
O silencio
Que estaba presente no día a día.

Busquei
o teu sorriso
Cabeza de terra
Beizos de tristeza.
Corrompín
os teus oídos
con soños non compartidos
coa boca cosida con arame
e unha bágoa negra constante.

A dor
vestida de noiva cadavérica
ri con dentes amárelos
angazando tódolos bicos
que quedaron por dar.
O tempo
que parecía unha vida…
Agora, queda reducido ao azar.





Ilustración: Ángel Pantoja

martes, 12 de marzo de 2013

ÍNSULAS INGRÁVIDAS




Ironías dun pasado, bágoas dun porvir
Consumo a morriña cun cigarro
Presa da ilusión auto imposta
Para sobrevir.

Raíña da inanición poética noctámbula
En busca do  tesouro fértil do lirismo
Cansa de explorar nas ínsulas ingrávidas
Dos paraísos inconexos
de amores ingratos e incomprendidos.

Sufridora dos mil anhelos e paixóns
Formo parte do reparto teatral
Dun mundo falto de emocións
Sobrado de abismos de ansias
Omnipotentes de  poder.

Quero se espectadora
Dos pedrais telúricos
Sen que me afecten eses “ Vermes”  sociais.


Agochada trala sombra
Agardo a que descorras a cortina
E me atopes núa
E podamos empezar xa a vivir.


Foto: Rochi Nóvoa