"A man que manexa a pluma vale tanto como a que conduce
o arado”. Arthur Rimbaud
Reporteiros alugados
Disfrazan esteticamente
Momentos de dor e pranto.
Teólogos capitalistas
Non ven a un pobo asoballado,
Políticos corruptos
Paponean os peitos cheos
De poder putrefacto.
Necios que non escoitan
Insensibles ao declive estrepitoso,
Sendo testemuñas, protagonistas
E vítimas do goberno ditador
Que nos quere ter calados.
É tempo de afianzarse
De premer nas tegras o desencanto .
Os meus beizos teñen sede de xustiza
A conciencia …
unha débeda .
Foro: Rochi Nóvoa. |