jueves, 27 de marzo de 2014

Enfermos



Poesía, inmortal cadáver, me aburres. Muhammad.

E seguimos sendo enfermos
e as purgas engañan
por momentos a mente
pero non a alma.

Non estou segura
de que a estas alturas
queiramos sanar.

Conscientes dos nosos males
desexando coñecer
 camiños no camino
sen saber que dirección tomar.

 PD Para a persoa que lle peteiran os paxaros na cabeza :)




 

martes, 25 de marzo de 2014

Aturuxo


Arrastrando os pés
sen rompe-lo ruído dos pensamentos
sentindo  os teus bicos
percorrendo os afluentes do meu peito
arranxando os rotos
enfiando os tempos  idos.

Deixo caer no teu correo
unha bomba para que estoure a tristeza
e limpe os escombros
da nosa Re-evolución.


 Na nota do remite:
Ser imprudentes  e devolver a chamada
xogar a querernos, querernos xogando
como ditan as leis que escribimos nós.


 
Foto Rochi Nóvoa, texto da folla Manolo Pipas


jueves, 20 de marzo de 2014

Nota á miña amiga Belem

Nota á miña amiga Belem Ben querida Belem. Tomei nota da nosa conversa e tentarei non buscar as frangullas no cesto cheo de pan. Aínda que sei sorrir cando mancan as entrañas detereime para non verter palabras de tinta sangrantes doentes e enfermas. Din que a culpa é tan fea e ninguén a quere eu son culpable. Culpable de ter por momentos envexas de saberme puta e da impermeabilidade coa que me unto como escudo aos sentimentos que sei me poden curar. Irei pouco a pouco tirando pesos que levo ao lombo para manter erguido o centro do equilibrio a torre da serenidade que por anacos sofre sismos no epicentro no meu interior.