domingo, 29 de septiembre de 2013

AS LINGUAS


A lingua é miña
es tuya
 It is ours.

Non  é política, non é cor
de organizacións nin bandeiras mercadas
a lingua é de quen a fala
de quen a ensina
respecta , conserva e ama.

Cansa das loitas lingüísticas
que dividen e confunden a xente
e das abolicións absurdas
a golpes de leis e emendas  desenfundadas.

A lingua non pode ser imposta
polo tanto tampouco eliminada ou maltratada,
non debe importar o número de falantes
xa que non é competencia sanguinaria.

A lingua é sentimento
é vida, cultura e herdanza
non nos entenderemos por ter só unha lingua
farémolo, pola tolerancia.

A lingua é miña
es tuya
 It is ours.












jueves, 19 de septiembre de 2013

Antía

                                              
Antía,  seis anos: Mami , por que quixeches que naceramos se imos morrer?

Quixen que nacerades
por que non pensei na morte
primou o desexo , o amor.

Desexeivos  como unha nube de lúa
que no vento durmido
entre os meus brazos
sosega o meu suspiro.

Quixen que nacerades
como semente do amor
que xermola
do reflectir dun soño
que aloumiña a alma.

Por que estaba segura
de que o voso sorriso
Me desarmaría
para facerme máis humana.

 Coas vosas ás de pavía
facedes que voe
nos días de treboada.

Quixen que nacerades
pequerrechos meus

 por que vós sondes a vida.

Foto: Da rede

sábado, 14 de septiembre de 2013

Tola de mín

Se acougo e me paro
Teño medo a que me coman os vermes
Entón,  manteño os ollos abertos na escuridade
Para ver que a luz non desaparece.

Procuro dalo todo agora
Por que despois ...Non sei se existe
choro e berro  a miúdo
 por que non dou salvado
Nin sequera o  amor,
E disme que estou TOLA.


E si, invento formas co fume
Colecciono as folerpas de cada inverno
Fago da miña cama unha nave “ Nodriza “
E viaxo no tempo.


Non creo na resignación por que o dis ti
Nas leis que fas,  sen pensar en min
Nin  nesta crise ideolóxica
Que me contas dende lonxe.

Pouco durmo
pensando
No arrecendo da terra recen mollada
Por que  ti ASASINO lle puxeches lume.

Avergóñame ou teu  “ pasotismo ”
O teu relaxo e conformidade
E non , non te entendo
Tiveron que baleirarche os miolos
Ou romperche as costelas
Para que se che cravaran no peito e non sintas.

Entón…  tola de min!
Sigo o camiño coa esperanza do cambio
Saltando cos logros acadados
Berrando os logros roubados
Sen aprender ben a canción

No discorrer da vida…Por momentos  perpetua.

Foto: Rochi Nóvoa

miércoles, 11 de septiembre de 2013

Parna Lixo

Deixo no lixo habitualmente Frangullas,
restos de comida, Plásticos, envases
e demais dispensadores.

Tento con esforzó
 Desfacerme da cuncha imposta
Da barbarie política
Do mar restrinxido, onde a miúdo surfo.


Das sabas de satén
 Acartonadas pola humidade
 Do estado febril co que cohabito.

Cústame , cústame tirar ao lixo
 As carabuñas das feridas,
 As agullas do tempo,
 As des-fragmentacións da alma.

Ás veces …anacos de papel
Con forma de nubes esborranchadas
Depositados con tento no recipiente
 Agardan o rescate.

Mesturadas quedan así As sobras ou as faltas da vida.

Foto: Rochi Nóvoa

miércoles, 4 de septiembre de 2013

Prostitúesme





Prostitúesme ti co teu de dedo
Cando me acusas de claudicar por
Esixir os dereitos dos meus fillos.

 Pégasme si, pégasme
Cando te esqueces dos meus sentimentos
E logo supricas perdón insultándome
coma resposta aos meus silencios.

Nin PÉCORA, nin FULANA
Pero iso si tampouco CALADA
Nin SUMISA, nin COITADA.

Deixo cada mañá no roupeiro
O vestido do medo
Para non coleccionar tristezas
Regalar bicos  velenosos
Nin almorzar intrigas.

E ti
Tentas atarme
E atragóaseche o meu nome
Cada vez que o pronuncias
Non te unas a min Non
Pero non tentes pararme
Alúmenos eu …defendo unha causa.