sábado, 18 de enero de 2014

MULLER



Son muller sí
das sinaladas co dedo.
Son nai e pai, filla e irmá
amiga,compañeira, traballadora.

Soñadora,loitadora
ás veces radical.
E sí, decidin estar soa
por que non preciso a ninguén que me manteña
fago de fontaneiro, pintor
subo as bolsas a miña casa
son condutor, contable
cociñeiro, perruqueiro
ás veces médico, curandeiro
non teño nada de electricista
nin tampouco de xastre.

Teño pouco tempo libre
pero teño con quen pasalo
a maioría das noites
 durmo cos meus nenos.

O futuro non me asusta
a senectude sei que é un proceso
non temo á soidade
e tampouco ao silencio.

Para que me compre unha parella?
Síntome querida pola miña xente
polos que apoian os meus proxectos.

Educáronnos na monogamia
Dentro dunha relixión
Para ter un estatus social correcto,
divorciada aínda sona
a desastre , insoportable
ou a peor verbo,insisto
para que me compre unha parella ?

O frío do inverno
soluciono con mantas e calefacción
o calor de verán con refrixerio
cóidome soa e cando non podo
visito ao médico.

Viaxo, vou ao cinema
 a teatro, concertos.

Se teño todo isto, entendes agora
o que  podería buscar nunha parella?
 Por regra de tres e directamente proporcional
Un home debería  de pensar o mesmo.

As medias laranxas non existen
por que alguén as partiu a metade
e son iso, laranxas.
Os príncipes e princesas
para os monárquicos quedan.

E para falar de amor
cando proceda…
Teño a vida enteira.

P.D Se este ten de chegar... Non teño presa










lunes, 13 de enero de 2014

Receita para esquecer



Atravésana agullas
causantes da dor fracaso
de intentos en balde
pálida agarda aínda... O milagre.

Anhela a pureza da alma
a verdade  que probou noutrora
o sabor da liberdade de amar.

Busca a parte sensible,
do  agora animal irracional
busca esa mirada de sosego,
de tranquilidade, de complicidade
que deixou marchar.

Parece que o amor voa sen rumbo,
que como ven se vai…
E sinte a necesidade de moverse
para sentirse viva
sempre incómoda aló onde vai.


Culpable de ser meiga
-“Perdóname Señor…
O medo petou á mina porta.

Para o esquecemento sigue as instrucións:
-Un pote negro
-Unha pata de cabra
-Un lirio do Xurés
-Sete follas de acivro
-Un corazón de lata
- Ferver e deixar evaporar.