martes, 28 de mayo de 2013



Quero  un frasco de cristal , para garda-lo  tempo e empregalo só  , cando sexa realmente necesario.

Perdo moito respirando sen toca-lo aire,
Esquivando acusacións do dedo acusador
Nubes desdebuxan a mente
Cinzas , borralla
Agora lume
Escapo das promesas  feitas no solpor.

Racho a soga
Que me ata ao teu escenario
Teatro sen entrada
Vestiarios sen roupa…
Pecho o telón.

Fio e desfio
Invento palabras con tinta invisible
Que logo descifro
Acerto, desatino.



Foto: Da rede

Unha noite...de día


Riscarei as nosas  iniciais
Que tallei ilusionada
Na árbore da vida,
Para non ter máis noites como esta.

Á papeleira de reciclaxe irán
as fotos que remiro
Correndo o risco
de saberte observado.

Non porei esa música de fondo
Para evita-lo latexo suicida
Dos ciumes regados pola lúa
 que hoxe soberbia… brilla.

Perderei o aloumiño
Da espera infinita
Que mata unha noite …de día.





  




lunes, 13 de mayo de 2013

Xuices

Atravesas a porta de ferro
Non ves o embigo,

 por que ignoras que o tes
a túa lúa non brilla ,


por que o teu leito
É un selecto  colchón de hipocrisía
Que busca a intimidade no computador.



É certo que mordo despois de bicar
Que desinflo pensamentos
Para non conxestionar  a seseira
Da levidade dese ceo
No que teu Señor  foi traizoando por Xudas
E negado por tres veces por  San Pedro.



Aprendín  a camuflarme
cos sentidos ben afinados
tento manter a coherencia sen perderme
non preciso Xuíces no camiño
EU NON SON UNHA DELÍNQUENTEEEEEEEEEE!!






miércoles, 8 de mayo de 2013

Sístole e diástole

A agulla magnética
No caderno de bitácora
Non me orienta
... ao norte Xerográfico Terreal.

Claudican as latitudes
Balanceadas polas ráfagas
Do hemisferio cranial
Que loitan de seguido
Coas aurículas e ventrículos
Do músculo cónico
Que porto no peito.

Hespéride agochada
Que non atopa alivio na elección
Ollos que fan as noites crueis.

Sístole e diástole
Preciso unha válvula de escape.

martes, 7 de mayo de 2013

Hoxe...non es nada!




O amor facémolo vulgar cando tentamos razonalo.

Sinistro delirio de querer unha sombra
A sombra… nunca, nunca desaparece.

Hoxe chove , en pleno mes de maio
 Choiva, Choiva, choivaaa!
 Eu non che sento
Hoxe non es nada, hoxe só auga.

Auga que cae vertical
 e mancha o meu cabelo,

Un marmurio de pétalo
de Chorima  esquecida
rompéndose
Con forma de clave musical
Que volve escalar o vento.

A sombra non desaparece
O amor creceu cego
Sen soñar nas sementes do tempo
Vestirei a máscara de sirena
e finxirei o loito perpetuo.



jueves, 2 de mayo de 2013

Folerpas e Paxaros



Ía falarche das folerpas da Soedade xeada
da pantasma invernal, da Deidade invisíbel
que aparece nas horas fragorosas da razón.

Pero logo pensei que…
Ningún de nós colleu o tren desas vías
E pintaches en min o sorriso.
E quero , quero viaxar ao país nas nubes.

E faláchesme, sentín o teu sorriso preto
Os teus folgos sinceros
E quero, quero voar
Voar nos berros, voar nos silencios
Voar co pensamento..

Son dúas ás os meus versos
Que cruzan contigo o abismo
Na procura da verdade,
do amor e do tempo.


Planeo na inmensidade da vida
Falcón, corvo, pega,
Paspallás, cuco, moucho,
Rula, merlo ,andoriña
Curuxa, bubela
Quéresme acompañar?.


Falcón= Jose Estevez , Serenidade , Fitinho
Corvo= Pipas, por dicirme iso tan fermoso de poeta gótica J
Pega= Belén de Andrade , Belén Mira e María polo café.
Paspallás= Miguel A. Alonso Diz, pola ledicia que transmite
Cuco= Por cantareiro Servando
Moucho= Moucho e Héctor Nóvoa
Rula=Augadamar co seu fermoso vestido branco
Merlo= Alfónso Láuzara
Andoriña= Mará Jose Fernandez por que me cheou co abismo e Vero, pola receita.
 Curuxa =Ruth Sabucedo polo papel do reparto  J e xúntoa con Maria N. Soutelo co sei sorriso cómplice.
Bubela= Non vós escribo aquí os nomes, xa que andamos tan sensibels, que igual ata non vós gusta este paxariño tan lindo, e ides por outros derroteiros A VÓS... A BUBELIÑA ¡ 


A miña culpa


E nas horas aciagas

Sen remos, sen salvavidas

Sen forza, turro da túa man que me salva…

 

 E sinto a dor encarnizada  nas entrañas

Ferinte, ferinte…e sangra!

Fallan as forzas

Racha a alma

E  eu… sorrio ,sorrio

Na honra dos que dan batalla.

 

Sinto dagas envelenadas

Polo encerro 

Namentres maduro a culpabilidade

, a miña culpa , a miña culpa

A miña culpa, a miña culpa, a miña culpa.

 

E sorrio  e calo, calo, caloooo!

e logo Fulmino  co  berro antagónico

 perdido e non se entende

e sorrio e calo

Para non mancar

Para non chorar.

 

Para manter  a forza e a vontade de ferro

Como fixen noutras batallas

Como fixen noutras batallas

En tantas batallas!