Mostrando entradas con la etiqueta día dos namorados. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta día dos namorados. Mostrar todas las entradas

miércoles, 13 de febrero de 2013

San Valentín Positivo II



Por cada persoa que morre…outra nace con forza

A vibración das túas verbas tan desexables
Tan esperanzadoras, tan buscadas!
Son coma  ventos furacanados.

Busco e atopo:
A mirada de lume que cega,
O corazón que sangra e rega
 Con pétalos  bermellos
Na neve branca.

Aprendín a opinar
A asentir para destacar
A calar para arder contigo
Noutra dimensión ilusoria.

Conquistarei a túa compaña
E fundiremos nunha soa persoa
Sen  reproches.

Silenciosamente, os meus beizos  arden
E agocho a paixón que provocas
Sen poder viaxar aínda ao inferno
Por mor dun trato.

Desexosa xa do teu corpo cálido
do pó da boca de marmelo saborosa
que non perdeu o sabor dende entón.

Tacto quente ,
 Defeble aparencia e forte sostén.
Xa esta chegando a hora!







Poema San Valentin I ( Negativo )



Opeor...non é atopárse! O peor é...perder a ilusión


A vibración das túas verbas soan lonxanas.
Os ventos furacanados,  xa se aproximan.

Busco e non  acho:
A mirada de lume que cega,
O corazón que sangra e rega
Aos pétalos prostrados
Na neve branca estrada.

Aprendín a non opinar
A asentir para evitar
A calar para non ferver.

Conseguín non rogar compaña
A non mendigar unha ñañala
E non reprochar unha promesa rota.

Silenciosamente, os meus beizos secan
A dor… entumece e subliña
O viaxe ao inferno do pacto

Cansa xa dos corpos  apagados
do pó da boca morta e seca dende entón
Tacto frío ,
 De forte aparencia e feble sostén.

Os ventos furacanados,  xa se aproximan.