lunes, 11 de enero de 2016

Eles/ Nós



Xogo coas palabras
ordeno,mexo,invento
substitúo pronomes por nomes
e fáloche sempre
a ti que sofres e a ti que feres.

Ogallá puidera parar as balas
apagar o farol , atrapar un raio de luz pura
 para regalarcho.

Miolo durmido, cerebro inexistente
impasible á dó, testemuña directa.
cómplice de asasinos, violadores e estafadores.

Escribirei o poema da muller allea
o  conto para a nena triste
que ninguén recoñece nos  escombros
 a balada do soldado  ese ninguén cheo de dúbidas
unha carta sen data , para quen manda.

Éter, queres éter?
bailemos a cantiga das recapitulacións
para saber dende cando somos só dous
nós un, e os outros  dous.


Amor de veran



Ao mellor só somos, un amor de verán.

Porque a miña alma se sinte solitaria
sigo buscando a plenitude
e atopo area no camiño,grava…

As pedras só son duras ao principio
agochan soños e palabras
nunca pronunciadas.

Sigo buscando unha estrela que non existe
soportando o sol que arde dentro de min
como un  monstro de metal infernal.

As palabras teñen que se algo máis
e ás veces deberiámoslle eliminar
a sílaba tónica e os acentos.

Non hai leis que obedecer
as palabras deben ser algo máis.

 Ao mellor só somos un amor de veran
que nunca remata.