lunes, 11 de enero de 2016

Eles/ Nós



Xogo coas palabras
ordeno,mexo,invento
substitúo pronomes por nomes
e fáloche sempre
a ti que sofres e a ti que feres.

Ogallá puidera parar as balas
apagar o farol , atrapar un raio de luz pura
 para regalarcho.

Miolo durmido, cerebro inexistente
impasible á dó, testemuña directa.
cómplice de asasinos, violadores e estafadores.

Escribirei o poema da muller allea
o  conto para a nena triste
que ninguén recoñece nos  escombros
 a balada do soldado  ese ninguén cheo de dúbidas
unha carta sen data , para quen manda.

Éter, queres éter?
bailemos a cantiga das recapitulacións
para saber dende cando somos só dous
nós un, e os outros  dous.


No hay comentarios:

Publicar un comentario