lunes, 23 de febrero de 2015

Para os que se pensan que son Poe no poema de Elena, ou Elena no poema de Poe.





Acomodo sobre o nariz as lentes
báixoas para reler a mensaxe
por se a visión mal interpretara
algunha palabra,
de noite sempre hai máis calma.
Sigo albergando serias dúbidas
sobre as declaracións espontáneas.

Poñamos entón algunhas cuestións
sobre a mesa pentagonal,
acende se queres as candeas cilíndricas negras.

Casarse cun morto asegura polo xeral
o éxito matrimonial,
os franceses saben disto
 teñen unha lei que garante que así sexa
no artigo 171 do código civil francés.

Pero xorde a pregunta
existirá o divorcio Post-Morten?

Somos tan inseguros que precisamos
probas de amor constante?

Todo parece ir ben cando a estrutura  é triangular
e se deixamos  o triangulo cos dous catetos
e a hipotenusa?

O amor que dura, fai que sexa duro o amor?

Ben querido Albert,
pouco che sei do amor e do desamor
a vida é unha constante aprendizaxe.

Tenta non confundir  o amor co tempo
e o tempo co amor.

Dinme que a figura que máis me pega
é a espiral.



 
Foto : Da rede