lunes, 19 de octubre de 2015

As túas mans que fan moldes Victor Viñal.





El di, que escacha o molde
que colle arxila e pon  a maña.
Sente  o impulso consciente
da terra que grita, da vida que se nos vai.

Cada mañá re-inventa unha forma
alimenta unha esperanza
 escacha o molde do fracaso propio
por non entender a substancia  colectiva.

El sabe que nace de súpeto, o abrente
reprodúcese a flor no cereixo
o cheiro a marmelo e as cores de outono
o bico agochado, o primeiro bico.
A frégante amizade, cuxas raíces
se cravan no peito.

Colle a arxila e pon a maña
alínea baixo un ceo de nubes rubias
as formas  que agochan a verba
e se saen as dagas , as frechas
os días de loito e as miserias
escacha o molde, es-ca-cha  o  mol-de
e coas mesmas mans cheas de vida
colle a arxila e vólveo tentar.

Foto: Alfareiro de Niño de Aguía, da rede

martes, 6 de octubre de 2015

En Outono



Sen máis compaña que o silencio
penso nos días de cinsa
sen vento
a túa cara de pedra,
o teu corazón de aceiro.

Deixa o outono  follas secas, caducas
e ti es un gacio de uvas murchas
que non tinxe a historia de cor.

As palabras comezan a ser navallas
 a incredulidade, mesturase coa capacidade de reacción
cantas barbaridades se cometen no nome do Amor.

Foto: Rochi Nóvoa