jueves, 22 de marzo de 2012

Quero olvidar...


“ A morte non é máis que un soño e un olvido”. Mahatma Gandhi.



Unha non se vai dun funeral do mesmo xeito que chegou .Xa que dalgúnha maneira o pensamento da norte, carcome a mente. Non se pode remediar, saber que é o final da vida. Entón é cando nos miramos e nos percatamos de que o noso corpo non vai durar sempre. Estes pensamentos, collidos da man da incredualidade  , son os que tratamos de gran misterio e refuxámonos en creer que a alma é eterna. Outros escollen a parte práctica de que a morte é a norte e nada máis. Cando unha sae dun funeral con pensamentos da vida a fraxilidade aparece na mente.



Non te pares na miña tumba,

non chores,

non estou ahí,

non estou durmindo…





Escura a pompa da morte

Apáganse as luces que,

Custodian as procesións

Desta noite incerta.



O ferro duro do destino,

De cor prata os cabelos,

 da valentía dos corzos

orgulloso , remata a batalla.



No comenzó da primavera

As semillas da vida

Fluctúan aireadas e ,

Pálidas , caen na terra.



Comenza a invisibilidade

Dos insensibles ataques,

Alcanzada a altitude…

O descanso eterno, comenza.

martes, 20 de marzo de 2012

Fideicomiso


Tanto ten que…

Non me dés un bico tódalas noites,

Xa que,  a  miudo,  metarfoseámonos,

Mutamos, evolucionamos ,

Na tolerancia.



Pouco importa que…

Non toques as notas da maxia,

Da  sinfonía interpretada

Dos domingos bailables ,

Alleos á fama.



Que deixes as faragullas estradas,

E cisques o azucre ,

Se despois sorrís, 

E eu… fágome anána.



Chea de liberdade,

Sen procedementos nen precedentes,

Non desexo contratos


de  fideicomiso  nen enfiteuse.



Sen  mordazas,  o pensamento…

Escoito atenta ,

As  vibracións do aire do que dependo.





Respiro , respiro…

Reitero…uff!

Volvo en min!

  á  soedade que non temo,

Acrisolada…acrisolada…
E esperto.



Foto : Rochi Nóvoa.

domingo, 11 de marzo de 2012

Sociedade....dual?


Logo dun fin de seman un tanto…constructivo, reflexionante ,divertido, manifestatne e como non tamén antagónico…varias ideas invaden e rebulen no miolo.


Cando coñeces xente con ideas interesantes ( nas que non sempre tes que coincidir) escoitas algo que ….dalgún xeito todos pensamos e queremos , pero que cadanseu as leva ao seu terreo con diversos discursos teóricos de uns pragmáticos que parecen dicir xusto o que nos pensamos , pero con mellores palabras... e que cando nós queremos transmitir ao resto…parece que non saen con tanta fluidez.


 
 De todos é sabido que  queremos superarnos, parecer ser máis ante a sociedade, mentímonos pensando que  " en realidade son alguén"  e se son importante mellor, temos a necesidade de medirnos e votar pusos competitivos absurdos..que nos fan daño, pero nos manteñen ocupados, de cando en vez pensamos e sentímonos afortunados  mirando aos que se suponen que están peor que nós ( sempre claro está, medindo por esa nosa particular escala).



Deste xeito todos queremos tener o coche máis grande ( ainda que pensemos que o que temos nos vale ben, a parella máis fermosa ( parece ser tamen relevante), o mellor piso ou casa , ir vestidos a la última moda , todos queremos tener o mellor traballo, ter moitos conocementos (que a ser posible teñan valor de cambio).




Votámoslle a culpa ao goberno a crise, somos críticos estudiados de todo e sabemos de todo cando falamos, marcámonos desplantes que nos dan un aire de  mediocridade patética que interpretamos como unha ballatta ganada de “ deixeino calado “.



Moitas veces dicimos que somos escravos do diñeiro, pero en realidade somos escravos da sociedade,  ou do que pensa de nós a sociedade. Ao meu modo de ver…outro xeio de cargar alguén coas nosas culpas ,  xa que nos mentímos a nos mesmos, polo que se cadra o que somos é escravos da nosa propia mente ( e eu a primeira).


Está claro que algo pasa, cando hai tanta disconforminade xeralizada, desto saberán máis ca min os sociólogos, vai ser que non estamos felicies nen saciados emocionalmente, ou alomenos temos moitas carencias para con nós mesmos e que traducimos e exteriorizamos no resto.


A mente é un almacén sen límites de tempo nen espacio. Nela podemos atopar as lembranzas máis recónditas, non só da nosa  propia vida senon de millóns de anos de evolución, o que nos fai criaturas evolutivas e dependentes ( alomenos , dependentes emocionais moralmente)


Moitos dos actos innatos que realizamos hérdamolos dos nosos antergos, polo que moitas das cualidades que temos na mente, están esperando unha oportunidade para despertar e desenrrolarse. Pretendo máis nada dicir que esto nos axuda a cambiar , a procesar e a entendere como non á supervivencia.


Ao primeiro a nós xuzgáronnos, despois nós xuzgamos e por último xuzgamos a todos e a todo. Temos carreixas de xuices e letrados....vaites!



Todo pasa pola censura da nosa mente, a todo lle pomos unha etiqueta de bo e os seus derivados: fermoso, de calidade, excelente, e tamén a etiqueta de malo: feo, de pouca calidade, sucio.

Os adxetivos bo e malo foron derivando noutros máis técnicos e políticamente máis correctos  pero en última instancia redúncense a estes dous.

Poderemos sair desta gaiola? Sinceramente creo que non. Intentar salir da dualidade dos opostos non está ao alcance de calquera e de ahí nace o que eu creo que é o antagonismo e as pelexas internas que temos. Habería que volver a nacer, pero antes habería que morrer en plano psicolóxico ( cantas horas sen durmir mi ma! adicadas ao pensamento para sintetizar nunhas liñas!)


 Así todos pensamos na  filosofía do 'decrecemento' reivindica que debemos traballar menos para vivir mellor. Entendemos a crítica constructiva e pluridisciplinar que cuestina a  búsqueda obsesiva do "cada vez máis materialismo",  polo que na manifestación de hoxe ( 11 de Marzo ) entendín que o que se pretendía era case que o mesmo, que ben a ser un traballo digno, cuns dereitos mínimos polos que os nosos antecesores loitaron tanto, e que algún de nos puidemos chegar a disfrutar hai ben tempo, xa que entendo que non todos gozan dun espíritu emprendedor ou de automotivación para chegar máis aló.


Somos conscientes do destrozo natural que provocamos, do que ferimos aos nosos semellantes…pero logo deixámonos ir e perdemos o fio dos principios elementais que defendemos.Sabemos oq ue non queremos, desexamos o que non temos, e sobre todo non nos atrevemos moito polo que diran e por esas etiquetas, que case sempre comenzan por " Anti...." blablabla.




Cicerón dicia: “ Fora da sociedade, o home é unha bestia, ou un Deus”. Ahí queda eso.

jueves, 8 de marzo de 2012

Reloxo de area

O tempo dobana


Caprichosamente,

Tece ironías sarcásticas

De mentes honestas.



Regurxita verbas

Antes defendidas

coma bandeiras.



Fedella o reloxo

Coa árida experiencia

Mesturándose co que aborrece,

Tinxíndose co que desexa.



Continuo vivindo

No síndrome de abstinencia

Ata cando ?

Non o sei.

Atrapada sigo,

No reloxo de area.