miércoles, 3 de diciembre de 2014

Código calado

Adoro cando me chaman compañeira
aborrezo princesa
gusto cando me miran se falo
e quedan máis pendentes dos xestos .

Sabes que Brancaneves era Liza?
Coñeces a síndrome d e Rebeca?
 escollo a frecuencia de sustitución simple
e volto ao código Dorabella.

Sei que se buscan  medias laranxas
pero o que  se precisa é vitamina C
conquistar unha muller
é case como cazar unha presa
pedantería masculina
gravitando nos efectos da resaca chea de fastíos.

Despois de todo, comprace saber
que unha muller máis na vida dun home
é un home menos , na vida dunha muller.

Oscolum Infame ¡
( Case ) Todo o que precisas é amor.
                The Beattles
                               All you need is love
All you need is love
All you need is love, love
Love is all you need