jueves, 31 de julio de 2014

A fada Madriña





Atopámola no paraíso das Lilas
coa tiara de ouro transparente
tecendo as cores das acuarelas
para resaltar aos silfos da luz.

Co manto púrpura que a cobre
e a súa variña de prata
fai da néboa pecha
un tule de rosas e de alba.

No inverno  con pó de neve
e reflectires de Zafiro
protexe aos paxariños
que están máis febles.

No seu xardín
pequerrechos danzando
enxames de bolboretas
peixes voadores
e chuchameles cantadores.

Cando fala o tempo para
e lembra a lingua esquecida
detén os raios do lume no solpor

cunha brocha de vento de desexo.


É unha fada
A miña fada MADRIÑA!
Foto: Rochi Nóvoa

Benquerido amigo Rober:






Ao pasado, xa non lle debes nada
nin as cicatrices que se descobren
cando ti queres tapalas.

Intúo o mar negro
polo que algúns pasamos
e nel debe quedar o depredador esquecido
as bestas das profundidades, amigo
aliméntanse de corazóns cheos
de tristeza.

As pancas de ferro
ben sei que deixan a Alma rachada
a visón sen cor
a diferenza do que se pensa
é a pureza da luz e da forza interna.

Coñecedor de labirintos
non debes contar anos, sí momentos.
es  sangue que vive
anxo protector de tantos de nós
e so do silencio e do íntimo
aparece o teu ruído.
Foto: Rober



jueves, 24 de julio de 2014

Nosfesatu e Empusa






Para que ter medo ao inferno
si na terra segue a guerra
e as memorias alleas fan de amnesia?

Para que ter medo ao inferno
se permitimos o desquite dos ladróns
se dereitos nun estado de democracia?


Para que ter medo ao inferno
se a carestía dos sentimentos
orballa en nós a diario?

Para que temer a morte
se a frialdade que manca
non é a da lápida marmórea?

Pasear pola noite
divisando as soidades infinitas do solpor
e xa non se ouven os ouveos dos lobos.


Para que ter medo do futuro
se temos ausencias das lembranzas?

Balas invisibles atravesándonos
Como se non foramos nada.

E que diferenza hai da  Idade media?
Non servimos ao Sr Capitalismo?
Non pagamos os nos impostos e xuros?
Non estamos controlados?
Ah claro non!
 Esquecíame da bondade da guillotina.

Vou mergullarme nas profundidades
da escuridade , para non contar as arestas
do desvanecer da conciencia
 e da inexistencia da xustiza.

 E se os Empusas se estenderon?
 
Foto: Da rede, Empusa.









jueves, 3 de julio de 2014

Os cabalos



Pode parecer a miña actitude pasota,
emprégoa  para non incordiar
pola vida por riba dun cordel
de funambulistas
mantendo o equilibrio
entre os deberes e obrigas.

E...Collín o lapis  violeta
para escribir o que sentenciou:
-“ O meu corazón non ten arranxo,
Son un inútil total “

Faleille entón
do Couplet do último Trompetista,
da falta de presuposto
e dos cabalos taca-taca.

Lembrei que cando escoitas
tantas veces o mesmo
acabalo crendo e
 tamén me lembrei a teoría
 do “Teapot “ de Russell
E sorrín degustando  o Daikiri de amorodo.

Empatei o pensamento con Uxío Lois
que me presentou  a “ Luz de Gas “
Xuntei entón ese eficaísta método
manipulador e anulador
para que viras quen es,
lembra as gafas das que falaba Belem.

E seguen os cabalos taca-taca
as teorías,
 parecen ter máis peso que a practica
haberá outras noites
mentres estas pasan
entre tanto, os cabalos...Taca-taca

 P.D Canto ghalopooooooooooooooooooo!
Foto: Da rede