martes, 23 de abril de 2013

Abracadabra!



Sentir … como non sintes nada
Continuar… sen esquecer,
A falta de confianza,
Os se cadra, os cicais e os aínda.


Ácido chorado que queima as meixelas
Perdurando o sabor salgado e pementa.

Buracos de polvora abertos
Con cada bico esparexido.

Indúltame, evítame, cúlpame!
Malditos sexan os males
 Colaterais ,a  primeiros ,
A segundos e a terceiros.
Non hai seguro que cubra
Con ou sen franquicia o mal do corazón.

Poemas con destinatario , e remite
Almacenan substancias inflamables
Abracadabra… Versos que nacen!
Abracadabra…Versos que matan!




martes, 9 de abril de 2013

Dona Penumbra


Se na noite te buscara
Só a miña sombra atoparía
Cunha estaca cravada
No peito
Unha fenda de sangue fría.

Dona da penumbra ,
Corvo das tebras,
Pantera das escuras selvas,
Alma en pena percorréndote
Amiudo atopando
Só a espera.

Interminábel espera
Que nunca chega
Xa é hora de erguerse
De espertar nun rebumbio de bolboretas.

Cese o loito
Cese a pena
Cese a estaca
Nesta lúa chea.

jueves, 4 de abril de 2013

Nada

Non é inconsciencia


É sospeita do inerte.



Voz que non acouga a agonía anunciada

Barullo penetrante

Beizos que cortan como navallas.



Seguimos no mesmo recuncho

Agochados

E nada… Non pasa nada

Nin na cociña, nin no salón

Nin na cama…Nada.



Sendo nós os mesmos

Somos tan distintos!.

Letanías monódicas

Dos ecos opacos .



Sequei a flor que me deches

Mordéndote o amor

Como se por condusión

blasfemaras.



Tes a chave

Non pechas, nin abres.

E nada… Non pasa nada.