martes, 23 de abril de 2013

Abracadabra!



Sentir … como non sintes nada
Continuar… sen esquecer,
A falta de confianza,
Os se cadra, os cicais e os aínda.


Ácido chorado que queima as meixelas
Perdurando o sabor salgado e pementa.

Buracos de polvora abertos
Con cada bico esparexido.

Indúltame, evítame, cúlpame!
Malditos sexan os males
 Colaterais ,a  primeiros ,
A segundos e a terceiros.
Non hai seguro que cubra
Con ou sen franquicia o mal do corazón.

Poemas con destinatario , e remite
Almacenan substancias inflamables
Abracadabra… Versos que nacen!
Abracadabra…Versos que matan!




3 comentarios:

  1. Gustoume moito moito. Noraboa¡¡ É fantástico.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Abracadabra! :) pois para ti chuliña

      Eliminar
    2. Abracadabra! :) pois para ti chuliña

      Eliminar