martes, 18 de diciembre de 2012

O soño agochado





Escondeu un soño

Detrás duns ollos que adormecían

As follas do outono.



  Agochouno na paneira

 e deixou sitio na súa cabeza a un morto,



Ao saír... alumeaba un horizonte ilusorio,

 Cantaba nas tebras

 Baixo o ceo aberto

Pola pomba de peteiro prata.
 


Os vermes bicaban os seus beizos

 Namentres a hipotermia

  des-fragmentaba o esquecemento.


 

Eterno pantasma do subconsciente

 Que sangra no corazón.

 Escondeu un soño,

Agochouno na paneira.


 
 
Foto: Juan Victor Seara Gago

martes, 11 de diciembre de 2012

Arrecendos de tolemia


Só preciso o son da túa voz

Para que os recunchos da miña pel

hilbanados con historias desafiuzadas

Desperten tódolos meus sentidos.

 

Acelera o corazón con só pensarte

Excita o meu corpo …

E os poros,  comezan a exhalar os arrecendos da tolemia.





Mírame amor, mírame

Aparca o medo ao sufrimento e ao desengano

 Dame a calma

da ansiedade que fluctua

da pertinencia declarada.

 

Desexo ir ao mundo dos pecados,

Quero ver a complicidade

Da lúa impacientada

Ao ver o volcán dos teus beizos vermellos.

 

A erupción dos teus bicos

Que lostregan as miñas carnes

No  solpor que non remata.



Acelera o corazón con só pensarte

Excita o meu corpo …

E os poros,

  comezan a exhalar

 os arrecendos da tolemia.

 Sabes? …Vou morder  os teus sentimentos.
 
 
 
                                                    Foto : Emilio Romanos
 

domingo, 9 de diciembre de 2012

Creador do meu paraíso sin plusvalía


Quérote…Sushhhh é un segredo.

Namorada, da mirada penetrante das entrañas
Das mans mornas,
Que quentan ao frio entumecido.


 Encandilada, do sorriso roubado
que nace expóntaneo e público
nas meixelas  rosáceas.

Aqueloutrada ,do saber estar terrenal
Sucumbindo ao mundo da imaxinación
Cando dás  resposta a un recuncho pérdido
Por que , cando se quere… non se precisa máis.

Saberse a prioridade na Noite Boa e na noite mala
Na última e na primeira do ano.

 Deixasme se-la testemuña do arte diario
Sen saber que eres o Creador do meu paraíso sin plusvalía
O alentó  da miña poesía.


Cicais só o amor prevalece
Facendose o tolo, o parvo…
No tempo perdido.
Foto: Emilio Romanos