jueves, 13 de junio de 2013

Ausente nos días trece

Dóeme non terte presente,

por que na distancia
sofres ao non verme.

E eu sofro contigo,
por que te teño ausente,
cando o que de desexo
é arrouparte no meu berce.

Senti-las túas mans
no meu corpo de amor carente,
Bica-los teus beizos
veleno do diaño...
que ousaron bicarme tantas veces !.

Dóeme non terte aquí
ao meu carón
presente e latente.

Bicos...mándoche polas estrelas,
nun acto de desesperación
POUCO PRUDENTE.

( Do poemario Cos Pés na Terra e a Alma na Lúa)



lunes, 3 de junio de 2013

Pozo de Luz



Aínda non estou ben cosida
Non dou zurcido
As noites mal durmidas
Falta fío ,sobra agulla.

Na terra das letras…agora
As liñas sen palabras
xuntan o silencio.

Pozo que goza
Por ter de refén á lúa
Non se decata
 de que so é o reflectir
Da luz, da luz, da luz.

Disipado o son da canción rancia
Cun mangado de sal
Salto a torre de Babel
Sen medo a caer.