jueves, 13 de junio de 2013

Ausente nos días trece

Dóeme non terte presente,

por que na distancia
sofres ao non verme.

E eu sofro contigo,
por que te teño ausente,
cando o que de desexo
é arrouparte no meu berce.

Senti-las túas mans
no meu corpo de amor carente,
Bica-los teus beizos
veleno do diaño...
que ousaron bicarme tantas veces !.

Dóeme non terte aquí
ao meu carón
presente e latente.

Bicos...mándoche polas estrelas,
nun acto de desesperación
POUCO PRUDENTE.

( Do poemario Cos Pés na Terra e a Alma na Lúa)



No hay comentarios:

Publicar un comentario