Unhas notas sobre min

Nacín un 8 de Novembro do 1975, pouco despois de que Franco morrera. Parece ser que xa facía frío, de aí que sexa unha persoa de poemas xélidos e escuros.

Estudei a primaria nunha escola de pago e de carácter relixioso, imaxino que causa esta tamén o meu agnosticismo.

Despois de dar moitos tombos pola vida con acertos e tamén desenganos, a día de hoxe podo dicir que polo menos a miña vida laboral é un éxito e gozo dela ao máximo, sendo mestra de vocación e con orgullo.

Sempre sensible á miña terra e o deterioro desta física e psiquicamente, declárome una fel defensora da miña lingua e da nosa identidade.

Polo que aparte da arma tan boa que teño para facelo na escola, aló onde non chego, tento facelo con letras. Sen maior pretensión que deixarme levar polos sentimentos desorganizados e se cadra contribuír o uso da mesma.

Dentro da miña sinxeleza como partícula da vida, non busco a fama nin méritos, so compartir....e se axuda ou gusta...obxectivo máis que conquerido.

Obra incompleta
1. Cos pes na Terra e a alma na Lúa!! (Escolma de poemas propios en galego). 2009.
2. Dicionario Galego-English, English-Galego. 2009.
3. Recipes and Tips in the English Classroom. 2009.
4. Sen ti son Eu, libro dixital 2011(Escolma de poemas propios en galego)


Actividade poética
Teño a sorte de pertencer As escollas electivas, unha iniciativa privada impulsada por Suso Díaz e Maripaz Paz, onde fun nomeada por Miguel Ángel Alonso Diz. Neste enlace atoparedes toda a información.


Dende o ano 2012 pódeseme ver nalgún que outro recital, e case sempre en boa compaña, como a dos grandes poetas da Porta Verde do Sétimo Andar.
Fotografía: Emilio Romanos


A cousa quedaba arrombada, e funme durmir, con mil ideas ensarilladas na chola.Cando estaba prendendo no sono petaron na miña porta...