viernes, 26 de junio de 2015

Recortes de educación no Rural



Quero dar só o meu punto de vista persoal sobre as escolas do Rural Galego.
Para elo comezarei facendo unas breves paradas , que nos poden servir de  axuda , para pornos mellor  en situación.
Dende 1875 ata os principios do século XX, a ensinanza primaria foi deficitaria no rural pola pouca atención do estado.( Vou partir sempre da importancia da primaria como base, para unha continuidade da secundaria, ciclos, universidade… Xa que  a considero como unha das etapas máis importantes , para poder defender esta idea, cumpriríame facer outro texto.)
A ley Moyano , determinaba que en cada pobo de  500 habitantes tiña que haber dúas escolas, pero isto na nosa terra, non foi así.
Todos temos coñecidos que nos poden axudar a lembrar que as escolas estaban escasas en material didáctico, o galego estaba en desuso total por que era de xente inculta…E se isto non abondaba polo 1924 , ( Ditadura de Primo de Ribera) os contidos educativos e o persoal docente foron sometidos a un control ideolóxico importante, aínda que nos últimos anos desta ditadura creáronse máis escolas.
No 1931, malia aumentar o número de escolas, no medio rural, seguían a ser escasas, con menor número de mestres, mal pagados e con escaseo de materiais. Penso eu que era aquí cando a  xente dicía aquela frase : “ Pasas máis fame que un mestre de escola”.
Nesta época deixábase a escola, xa era preciso traballar e axudar na casa, e como estudar non era importante, non servía para nada, e ao goberno tanto lle tiña…Houbo quen nin por a escola pasou un só día, de aquí, ( supoño eu ) que isto fora un elemento máis de castigo e axudase a sentir a nosa xentiña inferior como aínda nos seguen a dicir.
Non foi polo tanto ata a 2º República, cando a educación se viu máis abalada, porque a educación era a mellor arma defensora do réxime republicano, e así naceran aquelas chamadas Misións Pedagóxicas, que tiñan un custe menor para poder atender a poboación máis dispersa do rural.
A escola rural dende a posguerra ( 1939) ata LXE 1970 houbo un modelo caracterizado pola influencia ideolóxica e disciplina social, desmantelouse a obra republicana, destaca a influencia da igrexa entre outros, creáronse novas leis en 1945 e 1967 onde queda reflectido a falta de aulas e a escolaridade obrigatoria reducida,  aquí o rural volve fracasar como consecuencia do illamento, da escasa matrícula e falta de dotacións. Mentres a ensinanza privada empeza atender as zonas urbanas para asegurar a rentabilidade .
Coa chegada da Democracia e coa promulgación da Carta Magna contemplouse   “o feito educativo  en sitios marxinais”. Queda polo tanto ben claro como se seguía entendendo e tratando o rural Galego, como un sitio marxinal. Co artigo 59 péchanse tódolos centos que non tiñan mínimo 250 alumnos, polo que houbo un cerre masivo, e o que se fai é abicar os nenos nas cabezas de comarca.
Pois ben, dende entón todo vai de mal en peor,cada vez :

-É maior o illamento físico-humán de profesores e alumnos.

- Existe polo xeral descontextualización de programas, libros..

- Destaco tamén a existencia de varios niveis nunha mesma aula,( isto esixe aos docentes un esforzo para poder montar un sistema a tódolos niveis e cursos, menores presupostos, maiores dificultades , igual salario e aumento de quilometraxe, o que trae como consecuencia a excesiva mobilidade do profesorado.)

-Falta de unha mínima infraestrutura cultural.

-Ao rematar os estudos obrigatorios algúns alumnos van ao centro comarcal e a unha maioría adícase ao traballo agrícola.

- Os nenos pasan o día fora das casas, quedándolle poucas horas de xogos.

- Precisan de transporte escolar e de grandes madrugóns.

Quedoume novamente claro , que seguimos a ser meros números para os que nos dirixen, tanto o profesorado como o alumnado, non se nos ten en conta para nada, e os nenos de hoxe serán as mulleres e os homes de mañá.

Cada día quedo máis convencida, de que ao público quédanlle dous telexornais. Pouco diferimos das películas de robots que víamos cando eramos cativos. Sen dereitos para unha educación gratuíta e de calidade, sen dereito a unha sanidade publica e de calidade, sen dereitos, sen dereitos, só con obrigas e xuros. Coño se se estenderon os Empusas.

Non sei cal é a solución, non teño a chave para facer un cambio eu soa, pero defendo que os centros deben ter entidade xurídica propia, que a educación ten que ir acompañada con outras medidas e Ministerios e que os/as alumnos  teñen dereitos a unha educación de calidade sin desarraigo.

Pode que economicamente non sexa rentable como nos fan ver ( habería que discutilo)  e as deputacións son rentables? Que é rentable ? E mellor aínda para quen é a rentabilidade?

Para que ter medo ao inferno
si na terra segue a guerra
e as memorias alleas fan de amnesia?

Para que ter medo ao inferno
se permitimos o desquite dos ladróns
se dereitos nun estado de democracia?


Para que ter medo ao inferno
se a carestía dos sentimentos
orballa en nós a diario?

Para que temer a morte
se a frialdade que manca
non é a da lápida marmórea?

Pasear pola noite
divisando as soidades infinitas do solpor
e xa non se ouven os ouveos dos lobos.


Para que ter medo do futuro
se temos ausencias das lembranzas?

Balas invisibles atravesándonos
Como se non foramos nada.

E que diferenza hai da  Idade media?
Non servimos ao Sr Capitalismo?
Non pagamos os nos impostos e xuros?
Non estamos controlados?
Ah claro non!
 Esquecíame da bondade da guillotina.

Vou mergullarme nas profundidades
da escuridade , para non contar as arestas
do desvanecer da conciencia
 e da inexistencia da xustiza.

 E se os Empusas se estenderon?

Foto: La Región