jueves, 20 de septiembre de 2012

Pero como nos podemos deixar badular así? Mexan por nós , sabémolo e dicimos…malo será?

Tento seguir a intuición e a lóxica. Ourense hoxe está de protagonista nos medios.

Sen querer e despois de escoitar tantas opinións e tan dispares, cada quen xustificando os seus pareceres, todos respectables…venme á cabeza o conto “ El elefante encadenado “ de Jorge Bucay, que logo de levar tantos anos encadeado, non pensou que podería romper unha minúscula cadea.

Nós tampouco somos mellores que o elefante, e sí presumimos de ter e de ser intelixentes. Véndennos un estado de ben estar , ( U-lo? e para quen? ), vivimos nunha democracia ( sabemos o que isto quere dicir?) temos igualdade de dereitos ( Ou só de deberes?), respectamos o medio ambiente ( Por iso,  agora pagamos as bolsas de plástico, que ate o de agora eran de balde) Defenden a escola pública ( De ahí o seu interese no peche das escolas , sobre todo do rural…) podería seguir enumerando, pero quen me coñece, xa sabe por onde vou.

Pola contra fálannos de unha crise que nós non xeramos e nin cremos, xa que o Banco Santander sen ir máis aló é o segundo banco europeo con máis beneficios xerados este ano, ou por nomear que a deuda interna , estámola pagando os traballadores que vimos reducidos, no mellor dos casos os nosos salarios, con incrementos de horas e subidas tolas de impostos, xa que os millóns de parados que xa non teñen nin os 400 euros de subsidio non poden. Os Políticos que se retiran, ou xa retirados seguen tendo un fondo co que moitas familias poderían vivir o resto da súa vida…

Fano tan ben!!!, que é flipante e convéncenos de tal xeito que expresión tipo :- É QUE TIÑAMOS MOITO VICIO! ( traballar a cambio dun xornal e marchar 10 días   a Vigo de vacacións?) E TEMOS O QUE MERECEMOS! ( Eu non merezo isto, perdoa ) Paracen xa doutrinas aprendidas, consciente e subconscientemente. Pero como nos podemos deixar badulear así? Mexan por nós , sabémolo e dicimos…malo será? E , eu confío nesta sociedade? A vós vos dou a miña ilusión e os meus fillos?, e o noso futuro?.

Cando estaba na escola ou vía películas onde un dirixente, emperador, ditador…facía ir a ruíña a un pais, ou a varios…entrábame sempre a mágoa e non hachaba a entender, por qué tanta xente se deixaba doblegar por só unha persoa rodeada de un séquito en número inferior. Lamentablemente, nunca pensei , que a min me tócase vivir algo semellante e ver esta pasividade.

Na miña humilde opinión ( eu son unha anónima calquera) deberiamos estar unidos, independentemente de ideolóxicas políticas, cores e bandeiras, xa que isto , aféctanos a todos. Eu tamén estou cansa de políticos, dirixentes, xuíces… corruptos,

Pois se somos o pobo os que lle dan o poder, tamén debe ser o pobo o que llo quite. SOMOS MÁIS E PODEMOS.

A segunda moral Vitoriana? heheheh tiña razón un amigo, seica debemos ter tantas como cartas da baralla.Non vós entendo compañeiros, non vos entendo.

Rochi Nóvoa.

lunes, 17 de septiembre de 2012

Anel de Vodas



Claudicación,
Esquelete,  do pranto figurado
Estátua,  dos ventos furacanados.

Verme arrastrado á letania impertinente
Na terra de badaladas mudas
De repeniques paifocos e ilusorios.

Bágoas  de sangue
Que dan cor ao postergado loito
Alento , dos suspiros extintos.

Mirada de lume,
Súplica disfrazada
Á rendición do entendemento.

Alúdeme se queres,
Xa, arrinquei o veleno
Do anel de vodas.
Foto: Emilio Romanos Castiñeira

lunes, 10 de septiembre de 2012

Lúas de Neptuno



“ Para se ser feliz até un certo punto é preciso ter sufrido até ese mesmo punto.”
Edgar Allan Poe.

Esquecer:
Abri-la xanela,
Escoitar as pantasmas,
Des debuxar á memoria…

Máis lonxe que as lúas de Neptuno,
Da inmensidade da vida cruzada
Coincidencia,
 Casualidade… Mesturamos.

As mans mainas,  que non mancan,
Aloumiñan  pacientes
As células epiteliais impetuosas e desatinadas.

Agóchome, para que me atopes
E  agasallasme con gozosos solpores que,
Transforman en mel as bágoas,

Fico queda á providencia
Camiño  rente  túa na noite infinita,
Vacilando á fatalidade.

E… Lembrar:
Pecha-la porta,
Extingui-la candea,
Retomar a viaxe a Ítaca…







Foto: Rochi  Nóvoa



sábado, 1 de septiembre de 2012

Luvas de tisú

Foto: Rochi Nóvoa.

Cun código xenético marcado
Impresas unhas pegadas nas mans,
Ensináronnos que:   a Mala Sorte ”
É a loita diaria do pobre,
Nun intento inútil, do desexo de vivir.

Recuberto o corpo
Dunha pel que nos fai de sostén,
Faltos de  ás que nos ergan,
 vertemos ausencias
 por non ter luvas de tisú.

Maquina o azar …
O esforzo do empeño
Réndese a miúdo
Cando os dereitos quedan só
A capricho do politicamente correcto.

No medio do silencio
As propagacións mainas e arrítmicas
Fan enmudecer ás horas
Dos laios inhalados.

 Monicreques manipulados por fíos
Madeixas de lá
Que se desfán
Feitas en…Taiwan?.