miércoles, 14 de diciembre de 2011

Indefensa

Irrompes bruscamente ,
Desestabilizando emocións aletargadas…
Os pensamentos desestructúranse,
A razón… perde a batalla.
Cae a coraza da alma,
O corazón indefenso,
Víctima de novo
Da abrasadora espada.

Baixo a brétema fundida
Estendo as ás ao Averno,
Bebo de novo o sangue do pacto
Que me fará voltar ao inferno.

A atracción ao lume
Do desexo que queimo,
Embriágome da vida ficticia,
Derramada neste frío inverno.

Regos de azucre moreno
Voltan a edulcorar
Veas quebradizas,
Amargadas de tanto esperar.


Soños metamórficos,
Incoherentes de máis.
Acougo cando te vexo…
Véxote acougar…
Fotografía e edición: Emilio Romanos





No hay comentarios:

Publicar un comentario