domingo, 4 de diciembre de 2011

Días de luto


Son os dias de luto
 se non estás…
Estendes as ás
Ao escuro vento de noite
Para voar libre
E eu, egoistamente quérote
Quérote engaiolar.
Sen medo divagas e disipaste
Polas fragas de palabras máxicas.

Fotografía e edición: Emilio Romanos
 Escribes na miña pel,
Desexo entón mutilarche as ás
Rasgarche a pel
Beber do teu sangue
E arrincache os ollos
Para que non miren a niguén.
E escorregar asi
As miñas bagoas negras
Que amargamente  me lixan a cara
                                        Cando te penso e non estás.

No hay comentarios:

Publicar un comentario