( Figura unha )
Déixame sentir
a auga do xélido regato
da ninfa que escolliches
da musa que non canta.
( Figura dúas)
Déixame escoitar
as voces desafinadas
que escriben que:
A alma sinte, pola pel
a pel … Sinte pola alma.
( Figura unha)
Déixame probar
a amargura da rendición
dunha pobre e sempre escrava.
Déixame ulir o recendo
infortunio do tempo.
( Figura dúas)
Esposa, esposo …
Alianzas , esposas ao fin
non deixan de ser cadeas.
( Figura unha)
Muda
coa miña verborrea
tivemos que chegar
ao límite do vértice.
( Figura dúas)
Solpor,vagalume
principio ,final
Bolboretas, promesas.
( Figura unha)
Muda, caláchesme
sen bicarme
so mirándome
calei, escoitándote.
( Figura dúas )
Veu o silencio
no solpor xa ido.
![]() |
Foto: Da rede |
Fundidos catro poemas nun, de reflesións dun seran calquera en Fisterra 2010.