lunes, 4 de noviembre de 2013

A metade do meu mundo



Deixaches…  A metade do mundo para min!



Ás veces dubido dar ou recibir

parar ou continuar

incluso empezar, empezar,empezar...

a deixarme levar ou baleirarme cara dentro.



Cando tento  fuxir de min

de condenarme e maltratarme por intres
caio na conta de que

non podo deixar de pertencerme.



Son fiel e procuro ser constante.

sei da chama inextinguible do amor

pero só sangro versos efémeros rachados

tristeiros, ignotos

por que o  medo me paraliza.



Sei que nas miñas mans está

completar a outra metade do mundo.


        (Ciscar os vermes

 tirar as follas rotas, que non  din nada

desfacer a espiña enclaustrada

abrir as cadeas da dor

desfacerme das ataduras do medo)



               
Foto: Rochi Nóvoa

No hay comentarios:

Publicar un comentario