Arrepíame a lúa azul…
Por moi poética que resulte…
De súpeto “Krakatoa”
Esparexe con forza,
Visualizo a angustia
e desesperación
Do “ Skrik “ de Munch.
A lúa verde…
Non reloce nesta bóveda celeste
Para pedir o desexo da retrocesión.
Eu …gozo
da lúa da noite peregrina
Da que aparece nos berros
Que te ansían,
Traspasando os itinerarios
Ondulantes das ausencias obrigadas.
Desa de cor mármore brillante,
Que subliña de prata ,
as letras do teu nome
Foto: Rochi Nóvoa |
No abismo etéreo, e …se cabe distante,
Que retorna cada crepúsculo
Cunha melodía húmida
Cheirando a chorima
e lilas.
2 duas horas de sono... 1000 porros... non vin a lua. alguen sabe onde ta a calma?
ResponderEliminarA calma...uff onde andará! Pero para ver a lúa,mellor sen condimentos da mil( lease en clave de humor)
ResponderEliminarA calma...uff onde andará! Pero para ver a lúa,mellor sen condimentos da mil( lease en clave de humor)
ResponderEliminardebin perder o humor cando perdin a calma. nn o pillo, enserio
ResponderEliminar