jueves, 26 de julio de 2012

Carta a Mariano



Ourense, verán 2012.


Lamentablemente, teño que informarlo de que estou totalmente resignada, e explico:

Levo tempo esperando unha mínima mellora, ou alomenos unha constancia do que tíña ata agora. Nunca fun partidaria das súas ideas Mariano, pero  agora aborrézoo.


Fago pública a miña resignación, sendo sabedora de que nunca chegará as súas mans. Desgraciadamente ata nas miñas vacacións, non puiden afastalo un intre do meu pensamendo,e créame…non era moi agradable, prefería pensar, nun actor, nun músico….ademais de estar máis bos con diferencia, crean arte e entreteñen .


Pois como lle iba dicindo… nas zonas de mar… as malditas gaivotas estaban por doquer, no seu papel carnívoro e detrívoro saquenado incluso aos cativos que pasean , non paraban de defecar libremente polos embacadeiros, ruas, tellados…se eu tivese algo de poder Mariano…asegurolle que as exterminaría…

Claro que despois do que lle estou contando....case non me atrevo a dicirlle que me gustaría que me axudara nunha transición, non é moito e nunca lle pedin un favor.


Estiven pensando… e para non ter que retirarnos o 47.190.493 millóns de cidadáns e quedar a “ Nación” sen man obreira que traballe por comida, ou por un ridículo salario de explotación, polo que por riba hai que dar as grazas e erguer o cu ,por se alguén ten ganas de estacionar nel…Expoño que:

- É máis xusto, que tanto vostede como os seus ananos/ ananas mentais de lingua longa , provocadora e sen escrúpulos… se retiraran, e nas súas ansias de recuperación de “ España grande…” poden ir as “ Illas Marianas” e verán como tampouco van querer un país absolutista, autoritario, efectivo e novamente conquistado .

E claro … se queren deixarnos polas boas , ( que é o máis intelixente)… vistos os esforzos que fixemos xa…será moi probable que non nos importe nada ,dar a mitade da paga de merda que nos queda, para facilitar a súa evacuación de urxencia, emerxencia e rescate.


Ah,falando de evacuación, hai uns medicamentos moi bos que axudan aos movementos peristálticos, hainos incluso de efecto inmediato , soen precisar ás veces de lubricantes, e secadra non lle veñen mal… e mire vostede… que, para manter a nación e a unidade, compre de necesidade purgar e eliminar.


Esquecíaseme un detalle, agora o médico de cabeceira , xa non llo receita, como outras tantas cousas…pero ofrézome gustosa a introducirle o supositorio polo ano Mariano, por iso non teña medo.


Digolle isto, por que andamos todos menos os políticos do PP ,algo soltos cagándonos en todo a cada intre e esta diarrea constante xa se fai enfermiza.


Estou segura, de que en breve , tomara nota das miñas proposicións, como pode maxinar, non estou interesada nun aumento de soldo, nin na recuperación do país, na mellora da educación e da sanidade, da baixada dos impostos e das axudas conqueridas previamente…que tamen eh! Sería un detallazo a verdade, a min con que se retire…case que xa me abonda.

Non se moleste en escribirme de volta, non fai falla, xa estou afeita a que me ignore e que diga as cousas pola televisión ( algo covarde, ao meu parecer) así calquera.

Maxino que , despois do exposto…non poderei publicar máis, que se pechará o Facebook e calquera outro de tipo rede social que poda ir, so algo encontra do que vostede pensa…

E comenzaba a carta dicindo que estou resignada,sometida, sumisa, e polo que lle escribin, xa se pode maxinar que non son rebelde, e que acepto a claudicación.Sen odio e sen rancor.


Atentamente, sempre a sua subordinada…

Rochi Nóvoa.

2 comentarios:

  1. Pois poderái ser do intestino, si.

    Eu pensaba que podería ser por outras razóns fisiolóxicas, aquelas que tan ben explicou unha compañeira súa -se non me engano- cando dixo, textualmente, "el que folla poco, jode mucho".

    ;-)

    ResponderEliminar
  2. Eu...como comprenderás da sua vida sexual...non quero nin saber, puaggg, puaggg .Que noxo¡

    ResponderEliminar