E que máis?
É tempo de festa !
É tempo para nós tamén de aplausos !
Tamén queremos participar
Nesta festa invasora , absolutista
Á que non fomos convidados.
Son dunha terra de xente honrada,
Leal, decente, digna e honesta
Onde o que temos foi
herdado a base de loitas,
Da non rendición, da negra emigración que nos marcou,
Dos exiliados e dos heroes que non
deixaron que nos afundiran.
Condecorados popularmente,
Come este
vastago … da muller non abortada,
Triunfara no mundo da calumnia e da
patraña
Querendo traer de novo a miseria
inminente.
Pero cansos , esgotados …
Xa non temos cemiterios
Para os loitadores diarios
Que ti denominas “ proletarios”,
asalariados, obreiros , parados.
Por que descuberto o niño de
monicacos,
O rancor de diaños infectados
Do fedento sabor da fortuna o do poder
Que vindes anunciando
A ritmo de porras a mazazos.
Visto a soltura que amosades,
Dos alardes beneficiosos
Que deixa a vosa merda imperialista
Esparexida, polo que vós chamades
patria…
Nós…coitados decidimos armarnos.
De primeira mostra tedes os nosos mineiros,
Que non choran o medo
Dos malladores cobardes,
opresores imperiosos
Escudados detrás do poder
Dicindo que son mandados,
Que déspotas indiscriminados!
É tempo de festa !
É tempo para nós tamén de aplausos !
Tamén queremos participar
Nesta festa invasora , absolutista
Á que non fomos convidados.
![]() |
Foto: Rochi Nóvoa. |
Certeros versos.
ResponderEliminarSaludos;)
Lamentablemente Jorge...
ResponderEliminar