lunes, 25 de junio de 2012

Déixame coller alento


Non quero estar

Onde a xente pasa indiferente,

Creo na amizade despois do amor

E no amor antes da amizade.


Xa hai tempo que,  eu tampouco

Vexo un monte de papoulas

Secrada,  por que foron arrincadas, sen estima.


As estrelas ...

Semellan sempre tan distantes

Para alumear as horas de cansancio e desfeito.


A fricción co chan

Gasta as rodas de caucho

a alma consume o peito

e debe tamén o corazón pararse para respirar.

 Déixame coller alento…

Foto: Rochi Nóvoa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario