martes, 19 de junio de 2012

Esperto...


Coas mans vacías ...esperto
 ata que a tráxica mañan atopa
os desfeitos da esperanza.

Interrumpo a escuridade
Prendendo a candea
Para encher os vacíos do sacramento.

Ordeno a mente
Para que o sufrimento
vaia sendo máis lento.
Luis R.

Afogo este mundo tolo
Que non ten o teu corpo
E concentrada,
Exilio as lembranzas.

Flores secas que non florecen,
O corazón desvinculado do peito
Proclive ao esquecemento
Tanto ten canto berre
Xa non chego a ti, xa non chego.

5 comentarios:

  1. Olvidaches dar a volta.
    Olvidaches abrir aquela porta.
    Olvidaches mirar no espello.
    Olvidaches que, pequeno,
    alí estaba tamén.

    ResponderEliminar
  2. os meus poemarios de amor e desamor estan valeiros.
    o de quérote, di ós oidos atentos: si.

    ResponderEliminar
  3. Aos dous...so podo dicir...vaia!

    ResponderEliminar
  4. Quizais...e so quizais...berrar non sexa a mellor forma de chegar...o mesmo...quen sabe...é millor buscar outras formas distintas!! ;P

    Ten razón unoqueva....os quérote a oidos atentos....e sinceiros, non a aduladores, aproveitados e interesados!!

    Un bikaso!!

    ResponderEliminar