Eses ollos con mirada de lume,
que fan arder por dentro.
Esas mans que non tremen
cando apertan.
Sede de esa boca
que quixera florecera no meu leito.
Beizos bermellos ou pálidos
de mel e de amargura
beizos, de onde bebin vida.
Veleno, embriagante,
ñañalas, dor
constelación constante.
Luz, chamas
rescoldos que abrasan.
Ollos que doen
indefinidos verdes, marróns, grises...
fulguran sobre toda a luz
que iluminou a miña alma.
![]() |
Rochi Nóvoa. |
mmmmm...
ResponderEliminargrandes letras, boas novas...