lunes, 16 de abril de 2012

Culpabilidade en Clave de Humor

 Dí a miña nai que a culpa é tan fea que ninguén quere cargar con ela. Héctor A.


Cada un de nós ten consciente e inconscientemente unhas pautas ensinadas que marcan o noso comportamento. Este é o noso propio código moral que pode ou non  coincidir co código social no que vivimos, ou coas persoas coas que nos relacionamos. Asi a sociedade crea reglas do mesmo xeito que a xente que temos preto, por iso ninguén de nós…” semos iwuales”.


Unha vez que afianzas estas pautas de moralidade, conducta ou como lle queiramos chamar a este comportamento, comenza a funcionar unha serie de memorias preconcebidas e programagas que garanten o seu cumprimento ( a isto vénselle chamando ” o sistema   guardián do Código”), que non fai máis que cada vez que trasgredemos unha pauta… se encenda un sentimento de culpabilidade de tortura interna e enfado con nos mesmos. E… bualaaaaaaaaaaaa, aparece como por arte de maxia o “ remordemento”, por se eramos poucos xa na cabeza… ( ainsss é que como di que cada un é un mundo…, claro é no mundo hai de todo…)

 Mi maaaaaaaa e que é iso? Pois din que é unha inquietude e mal estar que desperta a memoria da culpa…curioso, por que polo xeral esquecemonos de chamar, aviasar, de pensar , de entender…e…que se sinte? pois…a maioria das veces é como ter un obxecto intragable na  “ traganta” que se revolve contra un mesmo, provocando unha sensación de mal estar xeral e apatía…tanmén se soe coñecer como desacougos, inquietudes, migrañas…



Por que nos sentimos culpables? Por amor e Gracia de  Deus, eh que non é coña!  Biblia xa nos di que todos somos pecadores Por cuanto todos pecaron, y están destituidos de la gloria de Dios. Romanos 3:23 “. 

Si claro e tamen pola culpa residual que foron deixando en nós o resto de humanos e  a familia e o profesorado ( Ghurrrr, estamos sempre no allo). A culpa auto imposta, como: "  ahh non debería divertirme tanto, é mellor chorar "… pero a mellor de todas é para min sen dúbida a culpa relacionada para fliparlle…
Se falamos de enfermedades “ fixéchesme subir a tensión parvo”, “para oh, non sigas así non ves que me pos malo”,  “vaime dar un ataque ao corasssón” e derrepente podes enfermar e matar a cantos nos roden, vivaaaaaaaaaa , e eu sen saber que tiña poderes máxicos.

 Pero… e a do amor? Esa si que é constante… “ eu non ceh xurei amor eterno” ehheh claro oh, a estas alturas da vida, xa sabemos que a eternidade non existe, que é unha falacia, xa,xa… “ Eu xa che dixen como era”, si  , e eu tamén …vaia denovo “ semos persoas”, de ahí o gran éxito da canción : T i es ti, eu son eu…e non quero que vaias dicindo que tumba que dalle que tal que sei eu… e sen dúbida a de… “ pero eu Quérote” BUaaaaaaaa, aquí xa se chora, por que eu a ti tamén…e como non se chega a saber quen é o culpabel number one, pois dicimos que non hai comunicación…


Entón…nunca nos imos deixar de sentir culpables ou sempre lle imos dar a culpa ao resto…Alaaaaaaaaaa, pois maxino que non ohhh, desculparse polo xeral…soen ser actitudes avergoñantes e difíciles, que con frecuencia dan resultado a curto prazo _” Desculpa, son un cabrón” Si e un fillo de puta…eso non se fai ( na maioria das veces, cando s epiden desculpas xa vai  a penitencia de escoitar ao acusador desafogar e medrarse)




Chegados ate aquí, pode que comences a respirar mellor e a quitarle ferro, a sentirte como máis liberado de esa carga social e de xente que está preto tua, ainda que tamén tes a opción de racionalizar a tua acción e xustificarte a ti mesmo diciendo  “ Non entendo por que arrincarlle anacos de corassón lle senta tan mal, se me dixo que lle gustaba…” Noraboa… acabas de gañar o título da mentaliade do insensible criminal de sonos, de esperanzas, de vida, de amor, de realidade, de momentos perfectos…


Sabes o problema non  é arribar a verdades absolutas ou  inamovibles, a ter a razón ou a perdela,a de deseñar receitas universais contra o mal do amor e o sufrimento, o esencial é coñecerse e aceptarse coas determinacións que tomanos na nosa vida , o importante non é polo tanto o fin ( durará ata a morte), senon o camiño , para que o paseo sempre sexa máis interesante, persoal, enriquecedor e agradable.


E se algo teño claro… é que a quen se quere… non se lle fai daño.






No hay comentarios:

Publicar un comentario