sábado, 10 de diciembre de 2011

A Sachadora.

Minten! os versos que din
Que a soedade é unha pendente estrepitosa
Que percorren a alma afogada
Sin fe, sin esperanza desvalida.

Minten! Cando din que o corazón
Canso, retírase
De marcar horas perpetuas
De penitencia extrema.

Minten! As letras que maldin
O amor e as suas lerias,
Por que treman ao pensarte
E adoecen por estar a tua beira.

E co tempo
Empezas a entender…
Que os bicos non son contratos
Que os agasallos non son promesas
E a distancia non é obstáculo.

Aceptas a derrota
Coa cabeza máis alta
Os ollos máis abertos
Que o amor non é comodo
Non é sexo, nin seguridade.

Laberintos de literatura
Para chegar ao cumio do espíritu.
Berros rasgadores
Que non chegan aos tímpanos sordos.
Alquimistas, poetas, artistas…despistados.

Prudencia condenada
Non deixa sair o que dicta a alma.
Pastores, rabaños
Coléricos, críticos non refinados.

Víctima inocente
Da violencia do amor
Atravesada pola daga

da sachadora.

Foto: Rochi Nóvoa.

1 comentario:

  1. Agora entendin de onde saiu esto de "A Sachadora"
    https://fbcdn-sphotos-a.akamaihd.net/hphotos-ak-ash3/531362_394175050641813_111867587_n.jpg
    jajaja

    ResponderEliminar