miércoles, 7 de mayo de 2014

O CORAZÓN DO HOSPITAL





 Coidas de min  antes  aínda de nacer
 es a primeira en collerme no colo,
 en lavarme e vestirme,
incluso antes cos meus pais.

  Pasas a vida entregada ao noso coidado,
 voando silandeira arredor da nosa cama
coma bolboreta ao servizo da vida.

 Para ti non hai día nin noite.
Ves correndo ao sonar o timbre
o mesmo que as relas van a luz dos candís na noite pechada.

 A miúdo es ti quen estás cando dou o último suspiro.

As máis das veces
 non me decato da axuda que me das
 nin a sei agradecer
 por que os meus nervios
en ocasións
 fanme  mala paciente e peor acompañante.

 Aínda así paliades a dor.
A dor do corpo e a dor da alma.

Túa é a palabra amábel e cariñosa
que ven suavizar a impersoal e diagnóstica voz dos médicos.

 Túa é a man que acerca o pano para secar as bágoas.
Túa a paciencia cando a miña falta.

Non dubidas en facer horas extras,
 en acudir a urxencias
 aínda que estes fora de horario laboral.

 Es a miña  salvavidas,
 a miña Deusa
 cando me falta a terra por baixo dos pés.

Admírote malia que non cho diga
e en troques de dicircho,
 afirmo que eu non podería facer o teu  traballo
 que non  teño estómago.
 E  ti ...  Ti tampouco,
 ti tes corazón.
 Es o corazón do hospital.
Foto Rochi Nóvoa, Deseño : Eladino Cabanelas

2 comentarios:

  1. Non sei a quen lle adicas este fermoso poema, pero eu que tento adicarme a eso que ti chamas "bolboreta ao servizo da vida" douche as grazas polas túas palabras

    ResponderEliminar
  2. Luis, o poema foi escrito como unha homenaxe e agradecemento ás persoas que vós deixades a pel cada día ! Estamos tan habituados sempre a que se critique todo, que a maioria das veces non reparamos nos demais. Áledame moito que che gustara , que o sentiras, falino polo tanto teu e de todalas persoas que facedes que o mundo sexa mellor. Será lido mañá nun acto de Enfermeria, xunto con outros e cun Rock & Roll sorpresa que lle preparamos.

    ResponderEliminar