A pesar do risco
cando o dogma carece de fundamentalismos
os bicos non entenden de inocentes
transitadores de poesía.
Colisionan nos beizos
ata facerse chama
contra todo prognostico
nas celdas da rutina.
Coa fraxilidade do arame
e tráxico como un
salto ao baleiro
a urxencia batese en retirada
sen pretextos nin coartadas.
O bico seduce
o bico é sempre suicida.
![]() |
Foto: Rochi Nóvoa |
No hay comentarios:
Publicar un comentario