miércoles, 23 de abril de 2014

A contabilidade para os mortos



E deixo de escribir para que corra o tempo
 xogando coa vida como se non me importara
 mantendo silencio pero atenta.
Será o reloxo nefasto o que poña o til que falta!
 E seguirei aquí.

Entre a morte i eu
hai apenas un instante
ás veces parece unha vida
outras  un suspiro.

Entón idealizo, proxecto
para retrasar a visión do final
e atraveso o camiño inexorable
 con eventualidades.

Sóñote, pénsote ,síntote
 xógote, quérote, quéimote
fágoche o amor sen que te percates
 e mátote, sí MATOTE
para re-inventarte na miña cabeza
e sobrevivir soñando
para manter acesa a chama da ilusión.

Así evito contar o tempo de chegada
o tempo perdido,

non conto xa nin contos
por que contar  a vida é de paifocos
a contabilidade para os mortos
que lle sobra o tempo
para cadrar balances.

(E remato cos cambios de  Daniel Rodicio
feitos no  estado do Facebook)

E non deixo de escribir para que non corra o tempo
non xogando coa vida como se non me importara
non mantendo silencio pero atenta.
Non será o reloxo nefasto o que  non poña o til que  non falta!
 E  non seguirei aquí.

Foto Rochi Nóvoa

1 comentario: