A tua mente atrae o que pensas… Non quero morrer de Marasmo
Non nos sentimos valorados,
polo xeral somos un
número,
un concepto,
uns espectros que temos unha misión de traballo e reproducción,
e cremos, que ese éxito, é a felicidade,
vaia…esperanza sen
fundamento.
Desexo así,
contaxiarme dos cantos maravillosos da vida,
das ñañalas que dividen a nada da realidade ,
da indiferencia e do amor,
disfruto vendo eses
olliños antentos
aos modais empregados,
con vós sempre suaves,
sutíles, ensoñadores,
non faltos ás veces de incoherencia.
Non pido nada á vida...
nen a ti, nen a vós,
so prego encarecidadmente
que non me deixedes
morrer de Marasmo,
podo resistir a dor
física ata un límite , limitado.
Procuro entón,
non perderme polas
congostras ensombrecidas da vida,
no tedio, e na repugnacia,
preciso soñar e
contemplar un ceo de lua chea,
nunha noite de
estrelas,
precísote para min,
ter un tempo eterno
da tua esencia,
poder vestirme de
ilusión,
para bailar preto do mar, sobre a area .
Quero viaxar aos espazos infinitos
e fundirme nas nubes de algodón que inventas.
Navegar as tuas
entrañas
perderme nos teus suspiros tenues.
Voar polas inmensidades
como esporas de ecos receptibles,
ainda que se confundan os silenzos...
cando tremo, co medo ,de
que me deixas.
 |
Foto : Rochi Nóvoa |