jueves, 19 de enero de 2012

Cando todo deixa de ser...

Cando as mans se agarrotan
De impotencia
Das palabras prohibidas
Que a alma quere dictar.

Cando os sentimentos
Xurden nun tempo impreciso
Incorrecto
E os tes que agochar.

Cando sangran os silenzos
E berran os lamentos
Pouco queda que dicir xa.

Cando non queres escoitar
E afastas o raciocinio
Do corazón doente
Pouco se pode amañar.

Cando pesa a verdade
De sentido carente
A coherencia parece
Outra intento inútil
De querer arranxar.

Cando esto ocorre
É por que chegou
O triste final.

Se deixarte libre
é perderte
e perdido te tiña xa.

Se renunciarte
non é amarte
E de min renunciaches hai tempo xa.

Se non verte
é non quererte
Se ti nunca quixeches ver máis.

Se desaparecer
é deixarte
Cando sempre lonxe quixeches estar.

Se o silencio
é odiarte
Cando non me deixaches falar.

Se afastarme
non é prudente
Cando imprudentemente te deixei chegar.

Se o que escribo
non é sinceiro
Por que a miña sinceridade quixeches maquelar.

Se o que sentiches
foi paixón
entón
Debíchela contolar.


Foto: Rochi Nóvoa.

1 comentario:

  1. Cada semente da túa cabeza, unha nova e grande colleita

    ResponderEliminar