martes, 10 de enero de 2012

Impermeabel


Foto: Rochi Nóvoa Copenhaguen

(“ son un covarde, non soporto o sufrimento de ser feliz”. Keats )

Nen as palabras para Iulia de Caneiro
penetran
Nas peles impermeabels.
Cando non se ve claro,
Por que cicais non haxa nada que ver.

Nen os versos de Neruda
Fan sentir
Cando non se sente
por ser so unha gárgola de mármore
petrificada no tempo inerte.

Nen a declaración de Milanés
En “ Yolanda “,
Por que, quen ama
Non ten que xustificar nada,
nen sequera con bágoas.

Unha vez máis
O auto concepto
Confunde ao ego
Xerado dun prexuizo
Gratuito e barato.

Xustificando o inxustificabel
Profeta narcisista
Tirarei co pouco que me queda
Cansa xa da recompensa que choro
E non apremia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario