lunes, 30 de enero de 2012

A miña terra neste tempo de Entroido ( Xa que é tempo de lecer)

Terra dos meus antergos, terra meiga

Dos meus segados, terra fresca,

Húnida de sentimentos,

De moitos que albergas baleiros.



Terra que me fixo nacer

E terra que cria os meus nenos

Todo me dás e todo me quitas

Ata o alento se te perdo.



Por que te sinto, por que te quero

Por que te soño e te respecto

Por que non concivo a vida sen ti

Nen a que foi, nen a que será de certo.



Terra asoballada sempre

Tatuada no meu peito.


Foto: Rochi Nóvoa

lunes, 23 de enero de 2012

O Triunfo da derrota

Sosego, calma

Esencia avainallada

Cheiro de pétalos de rosa.


Burbulla

Baño quente, aceite aromático,

 Candeas que debuxan a silueta definida.


Sorriso ridículo


Do sentirse ben e agusto

Universo azulado.



Tranquilidade, paciencia

Bolboretas de cores


Entre algodón branco.



Luz…luz

Ritmo acompasado

Melodía apacible.



Soedade fermosa en maiúsculas

Que xa non dá medo.

Caída que non mata a esperanza.


Sosego, burbulla e calma

Ainda que derrotada…

Triunfa a derrota.




Foto: Rochi Nóvoa


jueves, 19 de enero de 2012

Cando todo deixa de ser...

Cando as mans se agarrotan
De impotencia
Das palabras prohibidas
Que a alma quere dictar.

Cando os sentimentos
Xurden nun tempo impreciso
Incorrecto
E os tes que agochar.

Cando sangran os silenzos
E berran os lamentos
Pouco queda que dicir xa.

Cando non queres escoitar
E afastas o raciocinio
Do corazón doente
Pouco se pode amañar.

Cando pesa a verdade
De sentido carente
A coherencia parece
Outra intento inútil
De querer arranxar.

Cando esto ocorre
É por que chegou
O triste final.

Se deixarte libre
é perderte
e perdido te tiña xa.

Se renunciarte
non é amarte
E de min renunciaches hai tempo xa.

Se non verte
é non quererte
Se ti nunca quixeches ver máis.

Se desaparecer
é deixarte
Cando sempre lonxe quixeches estar.

Se o silencio
é odiarte
Cando non me deixaches falar.

Se afastarme
non é prudente
Cando imprudentemente te deixei chegar.

Se o que escribo
non é sinceiro
Por que a miña sinceridade quixeches maquelar.

Se o que sentiches
foi paixón
entón
Debíchela contolar.


Foto: Rochi Nóvoa.