martes, 1 de diciembre de 2015

Mellor pensar na boliña de mármore dos veciños.





A fame…
Almorzo de tantos
xantar duns moitos
cea dos infantes.

E a veciña de arriba, sigue coa boliña de mármore
porque os veciños dos pisos superiores sempre teñen boliñas de mármore?
E  sexo de gusto amargo na boca
e  dor de nádegas os días despois?

A sede…
Da auga que falta por que se malgasta
Sede de xustiza e cheira a terra mollada.

Na casa dos meus veciños
cando non hai auga e pan
beben viño.

E para curar a ferida aberta
da dor das entrañas
da fame de tantos,moitos, infantes
para fuxir da angustia da sede
da auga contaminada
escribo banalidades de veciñanzas
en acto de rebeldía sen elección
tomo pausas, con palabras pequerrechas
sinxelas ,para aliviar os lategazos
das leis abstractas.

O amor é cego e os veciños non?
Precísanse oftalmólogos.
Poemas de urxencia?
 Sobran laboratorios farmacéuticos
E a boliña de mármore sigue rodando no chan.




 
Foto: Da rede




2 comentarios: